Aquí hai moitas chapuzas galegas
Espantallos beneméritos, gardarraíles guardafincas ou marquesiñas con persianas, entre os achados dos últimos anos...
http://www.lavozdegalicia.es/album/galicia/2012/12/27/chapuzas-gallegas-2011/01101325542423570378745.htm
____________________________________________________________________
___________________________________________________________________
* https://www.facebook.com/hashtag/chapuzasgallegas?source=feed_text&story_id=10153552202700758
_____________________
GAIÁS:
despilfarro público
A Cidade da Cultura de Galicia, sen rematar...
O proxecto comeza en 1999 e paralízase, sen rematar prácticamente nada, en
2011. Só se inaugurou a Biblioteca, que é máis grande que a de
Berlín. O resto de edificios (Hemeroteca, Teatro da Música, Museo da
Historia de Galicia, edificio de Servizos Centrais e edificio das Novas
Tecnoloxías) están sen acabar. O proxecto paralízase definitivamente en
Marzo de 2013. Algunhas fontes aseguran que:
"se han reído de los gallegos y de las próximas generaciones de gallegos". |
Localización: Santiago de Compostela, Galicia.
|
Institución responsable: Xunta de Galicia. |
Persoa responsable: Primeiro, Manuel Fraga (PP), e posteriormente Emilio Pérez Touriño (PSOE). |
Custe: 300 millóns de euros. |
Comentario a este desatino:
O presuposto inicial, no ano 99, era
de 18.000 millóns das antigas pesetas, uns 110 millóns de euros. Naquel ano xa se falaba desde moitas instancias do despilfarro enorme que
suporía esta inversion inicial. A Universidade de Santiago de Compostela
realizou un estudo de "qué se podería facer con eses cartos" e unha das
conclusións ás que chegou foi que, coa METADE dese presuposto inicial
(9.000 millóns de pesetas/55 millóns de euros), poderíase ter RESTAURADO e REHABILITADO TODO O PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO DE GALICIA...Todo!.
_________________________
A cultura galega e o Gaiás
Naqueles anos da abundancia, baixo o goberno de Fraga Iribarne comezaron a erguer os enormes edificios do monte Gaiás. O arquitecto máis famoso,as lousas máis caras -destrozando unha zona protexida-, o proxecto máis grandioso, as dimensións máis extravagantes: todo parecía xustificado para construir a Cidade da Cultura. Esta obra inacabada figura hoxe como un dos principais exemplos daincompetencia e o desgoberno. Millóns de euros –subtraídos do erario público- foron enterrados nesta obra innecesaria, excesiva e absurda, concibida para maior honra e gloria do seu promotor. Cando chegou o tempo das vacas fracas ninguén parou a tempo este despropósito pero recortaron sen pudor os orzamentos da sanidade, da educación e da cultura.
Mentres a cultura galega pasa grandes dificultades (a industria editorial, o teatro, o cinema), e o noso idioma esmorece abandonado pola Administración(cando non desprezado e atacado desde o propio poder), naquel monte preto de Santiago érguese, como un monumento ao desatino, a inacabada Cidade da Cultura. Nos tempos da dilapidación os políticos gobernantes deixáronse levar pola megalomanía, sen prever a grave carga que deixaban aos seus herdeiros.
O gran proxecto de Fraga, iniciado en 2001 e promovido polo seu valido Pérez Varela, que ía “poner a Galicia en el mapa de Europa y la modernidad”, levounos en realidade ao baleiro e á ruína. Porque agora a Xunta, que xa mandou parar as obras, non sabe que facer con este inútil mausoleo. Gastou neste proxecto faraónico máis de 400 millóns de euros, o triplo do previsto, e só abrir as portas desta enorme desmesura custa cada día 27.000 euros. Cantas bibliotecas públicas se poderían dotar, cantos libros editar, cantas películas promover con todo ese diñeiro derramado!
O Gaiás é o paradigma dunha forma de entender a cultura. As autoridades constrúen un desmesurado recinto onde se expoñerán os grandes eventos chegados de fora: a cultura como espectáculo, como celebración ocasional, como divertimento das elites. Pero hai outra forma de entender a cultura: como creación popular, como elemento da vida cotiá que nos perfecciona como persoas, como construción colectiva que nos axuda a ser pobo, como industria diversa e plural que favorece a creación de riqueza. Para isto non hai cartos. Para levantar e manter o enorme despropósito do Gaiás, si. Algúns representantes do mundo audiovisual xa o advertiron: “No sector cultural estase a facer un ERE multitudinario do que ninguén se preocupa”.
Mentres pechan bibliotecas e xornais, mentres as empresas editoriais teñen serias dificultades para continuar o seu labor, mentres os cineastas, os músicos e todos aqueles que se dedican a calquera actividade cultural ou artística vense abandonados pola Administración (que non facilita o traballo nin aporta recursos que apoien a creatividade do propio país) os edificios do Gaiás permanecen como os restos dunha civilización, como aquelas ruínas que se vían no final da película “O planeta dos simios”.
A escena final foi filmada nunha pequena praia entre Malibú e Oxnard, en California. |
________________________________________________________
* El "Follonero" deja al desnudo la Ciudad de la Cultura: 300 millones enterrados en un monte gallego > http://www.periodistadigital.com/galicia/la-coruna/2012/03/12/el-follonero-dejar-al-desnudo-la-ciudad-de-la-cultura-300-millones-enterrados-en-un-monte.shtml
__________________________________________________________________________
----------------------------------------------------------------------------------------------------
________________________________________________________________________
Malaprensa
Errores y chapuzas de la prensa española: números equivocados, gráficos incorrectos, fallos lógicos, conceptos erróneos, mala interpretación de estadísticas o datos científicos...
________________________________________________________________
https://www.youtube.com/watch?v=0ptvR13hXj4
Tamén > https://www.youtube.com/watch?v=0ptvR13hXj4#t=29
A web nacionrotonda.com documenta desde 2013 os desastres urbanísticos, as edificacións abandonadas e, tamén, as rotondas máis absurdas.
____________________________________________________________
_____________________________________________
‘Guía de campo do feísmo en Galicia’
Investigadores da Universidade de Santiago publican un libro que analiza as aberracións na paisaxe dun xeito científico:
Índice: Presentación I
Introdución 1
Descrición dos tipos 3
1 Typus: Adiantado 4
2 Typus: Vallum 6
3 Typus: Galpón 7
4 Typus: Pendello 8
5 Typus: Palafitta 10
6 Typus: Torreón 12
7 Typus: Paries nudum 13
8 Typus: Aderezos 15
9 Typus: Transgresor 17
10 Typus: Mors súbita 18
11 Typus: Reciclaxe 20
12 Typus: Transformer 22
13 Typus: Chapuza 23
14 Typus: Camuflaxe 25
15 Typus: Fagocito 26
16 Typus: Cocktail Galaico 27
17 Typus: Marabunta 28
18 Typus: Blasphemia 29
19 Typus: Casamata 31
20 Typus: Megalómano 33
21 Typus: Ruina Montium 36
22 Typus: Iconoclasta 37
23 Typus: Rubidoiro 39
2
4 Typus: Labyrinthus 40
25 Typus: Repellentis 41
26 Typus: Paseo 42
27 Typus: Canalis 43
28 Typus: Ars topiaria 44
29 Typus: Insitione 46
30 Typus: Alieníxena 47
31 Typus: Koala 48
32 Typus: Cemiterio de Ferralla 50
33 Typus: Dióxenes 51
34 Typus: Incivicus 53
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas polo comentario