("... e a beleza feríume para sempre" )
Información completa sobre o autor en > http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp3
É a poesía máis coñecida do autor. Está incluída,
xunto con "Terra sucada", "Quezais" e "Terra do
tempo", no cuarto capítulo ("Espranza") de Nimbos. De rima consonante
e estrutura pendular, está formada por catro estrofas,
cun total de dezaseis versos. Díaz
Castro establece nela un paralelismo entre Galicia e Penélope, a muller que tecía de día e desfacía
de noite.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus
sonos non se move.
A espranza nos teus
ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos
moi lonxanos
che estrolla o sono
mol como unha uva;
pro tí envólveste en
sabas de mil anos
i en sonos volves a
escoitar a chuva.
Traguerán os camiños
algún día
a xente que levaron:
Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén,
Xesús-María!,
e toda cousa ha de
pagar seu desmo.
Desorballando os
prados coma sono
o tempo vai de Parga
a Pastoriza.
Vaise enterrando,
suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i
outro atrás, Galiza!
Unidade didáctica ("Nimbos") para BAC
por Armando_Requeixo
Díaz Castro.Vida e
obra:
Fonte > http://gl.wikipedia.org/
Xosé María Díaz Castro,
nado nos Vilares (Guitiriz),
o 19 de febreiro de 1914 e finado
en Lugo o 2 de
outubro de 1990,
foi un escritor e tradutor galego. En 2014 será o homenaxeado co Día das Letras Galegas.
Seminario de Mondoñedo, onde
estudou sete anos.
Xosé María Díaz Castro
naceu no seo dunha familia labrega. En 1931 ingresa no Seminario de Mondoñedo, onde coñece a Aquilino Iglesia Alvariño, que, a partir
de 1936, vai contar coa súa colaboración como profesor no Colexio León XIII,
de Vilagarcía de Arousa, que Aquilino dirixía.
Díaz Castro publicou os
seus primeiros versos ós dezasete anos na revista Lluvia de rosas de Tarragona pero
foi a súa entrada no seminario e o contacto con Aquilino Iglesia Alvariño, o seu estímulo
foi decisivo na promoción do poeta como escritor e para comezar a escribir en
galego , publicando en El Progreso Villalbés o 6 de agosto de
1931 os seus primeiros versos en galego. Lembranzas
e sospiros, logo saíron Baix'o o calor (1931), Lá vou,
amor (1932), As formigas (1932), Era un contiño de
fadas (1932), e posteriormente escribiu dous cadernos de poesía, tamén en
galego, Follas verdes en 1934 e Follas ô vento en 1935 que
finalmente quedaron inéditos. Logo da Guerra Civil continuou compoñendo en
galego e a partir de 1946 tras ser premiado nos Xogos Florais de Betanzos por un
poema en castelán e por Nascida d'un soño en galego, volveron saír en
publicacións como La Noche, Cartel, Sonata Gallega, Alba ou Ínsula poemas
seus na lingua de noso. Francisco Fernández del Riego inclúeo
na súa Escolma da poesía Galega, IV, Os Contemporáneos, Vigo, 1955,
representado por sete poemas. En revistas e xornais diversos viron a luz outros
poemas e artigos del en español e en galego.
Con todo Díaz Castro está
considerado autor dunha soa obra, o poemario Nimbos, editado
en Vigo,
pola Editorial Galaxia, en 1961 que tivo moita
influencia nos poetas posteriores pola súa perfección, pola preocupación por
Galicia e polos problemas básicos do ser humano, a vida, a morte e o tempo.
Díaz Castro adoita ser encadrado dentro da Xeración do 1936 a
carón de poetas coma Carvalho Calero, Celso Emilio Ferreiro e Aquilino Iglesia Alvariño. Na obra, que
inclúe revisados os poemas que escolmara Fernández del Riego, móstrase unha
reflexión sobre o destino humano a través da preocupación existencial e
relixiosa e da comuñón coa natureza. Nun dos seus poemas máis coñecidos, "Penélope", reflexiona sobre unha Galicia que
permanece durmida, non refugando, porén, á esperanza para a súa terra.
A voz poética de Díaz Castro apóiase nunha linguaxe rica e exacta, da que xorde a xusteza da imaxe e o fondo poder evocador que se desprende dos seus versos. Os temas, que aparecen sempre envoltos na roupaxe elegante dun clasicismo exemplar, son os da grande poesía universal: a dor do home, o amor, a paisaxe, os sentimentos relixiosos, a liberdade...
Carvalho Calero dixo que Nimbos veu restaurar na literatura galega a poesía total.
Dominaba máis dunha ducia
de linguas, o que lle permitiu traducir ao castelán obras de, entre outros, o
sueco Verner von Heidenstam (Premio Nobel de Literatura en
1916), os dinamarqueses Henrik Pontoppidan e Johannes Vilhem Jensen (premios Nobel
de Literatura en 1917 e 1944 respectivamente), o austrohúngaro Rainer Maria Rilke, o irlandés William Butler Yeats (Nobel de Literatura en
1923), o estadounidense Walt Whitman, os ingleses G. K. Chesterton e Frederick
Forsyth ou os franceses Alphonse de Lamartine e Paul Claudel.
..........................
Penélope tecendo sen
esperanza a tea fatal do transcurso
do tempo.
Suco vai, suco vén. E aquí
chegamos,
neve nos cumes, frío nas
valgadas,
e darredor as agras
sementadas,
e non chega a colleita que
esperamos.
Algún día entre soños
sementamos
o noso pan. Chovía nas
aradas,
e ó se achega-lo tempo das
anadas
desmo de fume e vento
colleitamos.
Cada cousa de nós é de
borralla
baixo do vento mol que se
desliza
sobre o mundo e o manca e
o esborralla.
Un paso adiante e outro
atrás, Galiza.
Un negro orballo eternamente
orballa
sobre tristeza antiga e
outoniza.
.......................
Vídeo producido polo IES "POETA DÍAZ CASTRO" de GUITIRIZ (Lugo)
.......................
Vídeo producido polo IES "POETA DÍAZ CASTRO" de GUITIRIZ (Lugo)
En > http://www.youtube.com/watch?v=iHElQSBQ1eI#t=2
En > http://www.youtube.com/watch?v=9ry1ac8NhxU >
(No ano 1987 a produtora de vídeo Ophiusa acompaña a Díaz Castro polos lugares emblemáticos do seu proceso vital e creativo. Nimbos de poesía é o resultado desta viaxe ao mundo do autor. Os Vilares, Mondoñedo, Betanzos, Guitiriz, ... desvélanse ante os nosos ollos a través da mirada e da propia voz de Xose María. Todo un testemuño de primeira man da grandeza das cousas pequenas que tanto amaba o poeta).
En > http://www.youtube.com/watch?v=eSK3o8_emcE
(Desde a pastelería - cafetería "Nimbos" de Guitiriz. Entroido 4/03/2014 )
En > http://cartaxeometrica.blogspot.com.es/2014/04/telexornal-diaz-castro-recitado.html
En > http://www.xunta.es/linguagalega/xose_maria_diaz_castro
En > http://coordinadoraendl.org/letras2014/
En > http://www.youtube.com/watch?v=9ry1ac8NhxU >
(No ano 1987 a produtora de vídeo Ophiusa acompaña a Díaz Castro polos lugares emblemáticos do seu proceso vital e creativo. Nimbos de poesía é o resultado desta viaxe ao mundo do autor. Os Vilares, Mondoñedo, Betanzos, Guitiriz, ... desvélanse ante os nosos ollos a través da mirada e da propia voz de Xose María. Todo un testemuño de primeira man da grandeza das cousas pequenas que tanto amaba o poeta).
En > http://www.youtube.com/watch?v=eSK3o8_emcE
(Desde a pastelería - cafetería "Nimbos" de Guitiriz. Entroido 4/03/2014 )
En > http://cartaxeometrica.blogspot.com.es/2014/04/telexornal-diaz-castro-recitado.html
En > http://www.xunta.es/linguagalega/xose_maria_diaz_castro
En > http://coordinadoraendl.org/letras2014/
Poemas de "Nimbos"
|
"Penélope", Poema de Xosé María Díaz Castro musicado por Xoán Fuertes Saavedra e interpretado por Fuxan os Ventos. O recitado é do propio poeta e a súa gravación cedida por Xulio Xiz >
"Penélope en italiano" > http://literatosbrey.blogspot.com.es/2014/05/penelope-en-italiano.html
Un passo avanti e l´altra indietro, Galizia,
e la tela del tuo sonno no si muove.
La esperanza del tuoi occhi me espreguizza.
L´aratro buoi e la pioggia
Una nave ruggente molto lontane
estrolla si dorme mobido come un chicco d´uva
Ma si envólveste fogli in mille anni,
sogni e il ritorno di sentire la pioggia.
Ingoiare per corsi un giorno
le persone che hanno portato.
Dio é lo stesso.
Suco volontá, suco verrá. Gesú María!
e il tutto deve pagare il suo desmo.
Desordella i prati come il sonno,
o tempo sará Parga a Pastoriza.
Sará scanalatura per scanalatura sppellire
autunno.
Un passo avanti e l´altra indietro, Galizia!
COMENTARIO
O poema «Penélope» apareceu publicado por vez primeira en 1955, na Escolma de poesía galega, IV, Os
contemporáneos, publicada en Galaxia por Francisco
Fernández del Riego. Posteriormente pasou a formar parte do poemario Nimbos de Xosé Mª Díaz
Castro, publicado en 1961.
O
tema principal da composición é a esperanza acotío frustrada de Galicia. O dinámico estatismo é o que caracteriza a historia de Galicia
segundo o poema («Un paso adiante e outro atrás, Galiza». Os temas secundarios son o da
esperanza e o da emigración. A esperanza aparece como adormecida («A esperanza nos teus ollos se
espreguiza»), nun país en que o tempo monótono semella non transcorrer («Aran os bois e
chove»; «Pro ti envólveste en sabas de mil anos»; «Sulco vai, sulco vén. ¡Xesús María!»; «Vaise
enterrando, sulco a sulco, o Outono», etc.). O inmobilismo histórico de Galicia é o elemento que envolve
toda a composición («Un paso adiante e outro atrás, Galiza / e a tea dos teus sonos non se
move»). Entroncado co tema da esperanza aparece o da emigración («Un bruar de navíos moi
lonxanos / che estrolla o sono como unha uva»), mais o regreso dos emigrantes non semella estar
próximo no tempo («Traerán os camiños algún día / a xente que levaron»).
Canto á métrica do poema, todos os versos son hendecasílabos agás o
cuarto, que é heptasílabo. A rima é consoante, e o esquema de cada
estrofa é ABAB. Todas as estrofas poden ser consideradas como serventesios, bardante a primeira, por
posuír un verso en arte menor.
O
poema comeza cunha elipse verbal, repetida paralelisticamente nos versos
primeiro e derradeiro, dándolle unha estrura circular ao poema que
reforza a idea central do inmobilismo da historia de Galicia. Así pois, dende o principio da
composición céntrase a atención nese movemento estático traducido nos pasos cara adiante e
cara atrás.
Estilisticamente, esta idea de repetición do tempo remárcase a través da
formación de recorrencias compostas por dous membros equivalentes: «Un
paso adiante e outro atrás»; «Sulco vai, sulco vén»; «De Parga a Pastoriza»; «sulco a
sulco».
As
metáforas tamén están presentes no poema. Así, os «pasos» do primeiro e último
versos son os acontecementos históricos importantes na
evolución social de Galicia e a «tea dos sonos» equivale ás aspiracións sociais desta terra. A
emigración aparece relacionada metonimicamente cun «bruar de navíos moi lonxanos»; a repetición
da historia ao longo dos séculos é unha «saba de mil anos».
Tamén cómpre salientar as personificacións da natureza, único elemento
en que se pode confiar: os camiños traerán «a xente que levaron»;
toda cousa «ha de pagar seu dezmo»; o outono «vaise enterrando».
Canto ao léxico, o campo semántico dominante é o do medio rural, posto
que o espazo do
poema é Galiza, pero fundamentalmente a
Galiza rural: «aran», «bois», «uva», «camiños», «sulco», «prados». A presenza dos topónimos lugueses
sitúa no espazo esa Galiza campesiña: «o Tempo vai de Parga a Pastoriza».
Por último, cómpre facer mención ao título do poema, «Penélope». Galiza,
para Díaz Pardo,
identifícase coa esposa de Ulises que
agarda pacientemente o retorno do seu home tecendo día a día un pano que destece polas noites. Galiza
tamén semella agardar con paciencia a chegada de novos tempos, pero todo o que consegue tecer
cada día semella destecerse coa chegada da noite: «¡Un paso adiante e outro atrás,
Galiza!»
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas polo comentario