SE ISTO FUNCIONA, NON O DESINTEGREDES
O IES AS MERCEDES NON DI ADEUS
Dende hai seis anos, a Galia de Astérix nunca faltou á súa cita coa festa do “Arde Lucus”. Tamén nesta edición as personaxes creadas por Albert Uderzo e René Goscinny se baixaron dos libros para, por uns días, vir a ocupar a súa aldea na zona da Mosqueira, na Ronda da Muralla, e así axudar a ambientar a festa coa súa simpatía. Son moitos e moitas os festeiros que, ano tras ano, se fan acompañar nas súas fotos por este sentimento espontáneo (e tamén algúns, como onte se queixaban dende o IES AS MERCEDES, que, en lugar da foto, prefiren facerse acompañar polo propio personaxe obrigándoo, ao propio estilo romano, a abandonar a aldea que tiñan asignada).
Os que tal vez non saiban moitos é que esas personaxes baixadas das historietas ilustradas dos libros de Astérix e Obélix proceden dos “talleres” do IES AS MERCEDES, dese Instituto de Ensino Medio que, dende o 25 de Marzo, vén reivindicando poder continuar co seu compromiso a favor dun ensino público de calidade, tanto na ESO e no BAC como na Formación Profesional. No que a esta respecta, dende o IES AS MERCEDS sabemos ben que pouco vale a Formación Profesional se non esta vinculada ás necesidades e aptitudes do alumnado e ás necesidades do contorno social: dende este compromiso coa nosa bisbarra naceu a “aldea gala” que, cada ARDE LUCUS, ocupa a zona da Mosqueira na Ronda da MURALLA.
Seguimos reivindicando, para, como IES AS MERCEDES, volver con Astérix e Obélix ao ARDE LUCUS do próximo ano.
"ARDE LUCUS" IES As Mercedes (LUGO-MMXI) on PhotoPeach
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas polo comentario