Vía > Carta Xeométrica
Moi boas a tod@s! Desde esta nova plataforma da web 2.0 imos loitar pola defensa da lingua e da cultura de Galicia
30 ene 2013
18 ene 2013
INTRODUCIÓN XERAL Á LITERATURA GALEGA
View more presentations or Upload your own.
http://marlou-literaturagalega.blogspot.com.es/?zx=651936f12371366b
15 ene 2013
O Complemento Directo e a preposición "a", en galego
Como norma xeral, o complemento directo non leva preposición 'a' en galego.
Forma correcta: O lobo matou a ovella.
Forma incorrecta: *O lobo matou á ovella.
Pero hai casos en que a preposición é necesaria para que o significado da frase quede máis claro. Normalmente, isto ocorre cando o complemento directo ten o trazo de humano.
Uso obrigatorio da preposición:
• Cos pronomes persoais tónicos, co pronome de indeterminación un, co pronome todos ou todas referido a persoas, co identificador calquera cando é autónomo e fai referencia ao trazo de humano, na construción un a(o) outro e nas comparacións entre complementos directos:
- Mirouna a ela e marchou. (Distinto de: Mirouna ela e marchou.)
- Non o queren a un por ser vello. (Distinto de: Non queren un por ser vello.)
- Vimos a todas camiñando polo campo.
- Para este posto non van aceptar a calquera. (Distinto de: Para este posto non van aceptar calquera secretaria.)
- Pasaron a mensaxe uns a outros. (Ou tamén: Pasaron a mensaxe uns aos outros.)
- Criou tan ben os fillos coma ás fillas.
• Cos nomes propios de persoas:
- Saudou a María na praia / Trouxo a Roi para a casa.
FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl from Román Landín
Máis recursos de Román Landín http://cadernodelingua.wordpress.com/
Para saber máis de SINTAXE da Lingua Galega >
Máis recursos de Román Landín http://cadernodelingua.wordpress.com/
Etiquetas:
BAC,
ESO,
Lingua galega,
Selectividade,
Sintaxe
22 dic 2012
Feliz 2013 para tod@s!
| 1º Premio |
PREMIOS DO CONCURSO
TARXETAS DO NADAL – 2012
IES As Mercedes (LUGO)
IES As Mercedes (LUGO)
1º PREMIO > Andrea Álvarez Barro (3º ESO-PDC)
2º PREMIO > María Lage e Cristina López (1º ESO-A)
1º Accésit ESO > Catarina Teixeira Nunes (2º ESO-B)
2º Accésit ESO > Florencia Marín Fernández (2º ESO-A)
Etiquetas:
Actividades ENDL,
Concursos,
curso 2012-2013,
Nadal
19 dic 2012
TEXTOS ARGUMENTATIVOS. (Sociolingüística-Galegofobia)
Unha radiooínte ferrolá chama á Radio Galega para queixarse de que o locutor fale en galego.
A señora Amalia usa argumentos tan razoados como:
- Usted por educación tiene que hablar el idioma que hablo yo, porque yo vivo en Galicia pero no soy gallega.
- O sea que yo, por escuchar la radio gallega, ¿tengo que saber el gallego?
- Yo he hablado con Feijóo, que me lo han presentado alguna vez...
- Es una falta de educación que yo le hable un idioma, que es el español, y usted me hable en gallego.
- Usted qué quiere, ¿tener una audiencia sólo de gallegos?
- Dentro de poco seremos como Cataluña, nos imponen el gallego.
- Yo no soy de izquierdas, por supuesto, soy española, y me gusta hablar el español y que me contesten en español cuando yo lo hablo.
- ¿Y por qué me dice los estatutos, es que vamos a ser aquí ahora como los catalanes?
- No sabemos gallego, no lo hemos estudiado y no tenemos interés.
- Sé el francés y sé el inglés, pero el gallego no me interesa.
O locutor Alberto Freire, do programa nocturno “Pensando en ti” da Radio Galega, cunha paciencia infinda, argumenta moi correcta e axeitadamente.
O sea que yo, por escuchar la radio gallega, ¿tengo que saber el gallego?
Isto aconteceu na emisión do pasado luns, 17 de decembro (Radio á carta da CRTVG > http://www.crtvg.es/rg/a-carta/pensando-en-ti-pensando-en-ti-do-dia-17-12-201...)
Etiquetas:
Galegofobia,
Normalizando,
Radio,
Selectividade,
Sociolingüística,
Tipos de textos
13 dic 2012
Novos tempos, novas disciplinas na educación...
"Animus iocandi": un pouco de humor...
RISOTERAPIA > Esta técnica psicoterapéutica pretende producir beneficios mentais e emocionais por medio da risa. As persoas que utilizan esta técnica aprenden a ter unha mellor visión de si mesmos, do seu contorno e das súas posibilidades. A risa axuda a ter unha mellor calidade de vida, "sendo recomendable rir durante un minuto tres ou catro veces ao día". (Sigmund Freud)
C:/> Uninstall WERT_ |
As 14 claves da reforma educativa de Wert
© Goberno de España
O borrador da reforma da lei de Educación presentado polo ministro José Ignacio Wert ás autonomías, e que se desenvolveu sen diálogo nin consenso coa comunidade educativa, provocou innumerables debates sobre o modelo lingüístico. Con todo, este apartado, moi político, eclipsou outros puntos polémicos e transcendentes dunha lexislación que ás veces lembra demasiado o modelo educativo de épocas xa superadas.
Estes son os cambios máis relevantes e polémicos da nova normativa, que suporán un custo de case 60 millóns de euros, de pórse en marcha ...
Etiquetas:
Animus iocandi,
curso 2012-2013,
Humor,
Re varia,
Risoterapia,
TIC
12 dic 2012
CELSO EMILIO FERREIRO (Celanova, 1912 - Vigo, 1979)
Xaneiro 1972, II. Poema comentado nunha fermosísima presentación en > http://www.anxo.info/lit/celsoemiliomoraima.pp
Lingoa proletaria do meu pobo
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruís e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...
Celso Emilio Ferreiro (1978)
4 dic 2012
Recursos para O NADAL
Cancións, Carta aos Reis, Teatro, Contos, Refráns, Agasallos,
Recursos didácticos, Concursos, O Apalpador, O Nadal de noso, etc.
Recursos didácticos, Concursos, O Apalpador, O Nadal de noso, etc.
Cantos de Reis, Cantos de Nadal, Contos de Nadal, Vilancicos, Teatro Nadal,
Gastronomía, Debuxos Nadal, Carta aos Reis, Rituais, Tradicións, Felicitacións, etc.
Gastronomía, Debuxos Nadal, Carta aos Reis, Rituais, Tradicións, Felicitacións, etc.
Etiquetas:
curso 2012-2013,
Lingua galega,
Nadal,
Normalizando
28 nov 2012
Hoxe aprendemos galego cunha "nube de palabras", pero botamos en falta unha familia léxica (irregular) e mais un "campo" semántico. Adiviña, adiviñanza: alguén se atreve? É doado...
![]() |
| (Imaxes tiradas de xornais de hoxe) |
Wordle é coma un xoguete que xera "nubes de palabras" (word clouds) do texto que ti lle proporciones. As nubes dan maior importancia ás palabras que aparecen con máis frecuencia no texto de orixe. Podes axustar as túas nubes con diferentes fontes, deseños e combinacións de cores. As imaxes que fagas con Wordle pódelas utilizar como queiras. Pódelas imprimir ou gardar na galería Wordle para compartir con quen che dea a gana.
Alternativa semellente: ABCya.com > http://www.abcya.com/word_clouds.htm
Etiquetas:
Patrimonio,
Recursos TIC,
Sociolingüística,
Vocabulario
7 nov 2012
Certame de Tarxetas do Nadal
1) As tarxetas han ser debuxadas ou feitas a man, e nelas deberán figurar mensaxes referidas a estas datas (Nadal e Aninovo) escritas en lingua galega.
2) Os traballos terán que ser inéditos.
3) Valorarase a orixinalidade das mensaxes e do deseño.
4) O tamaño da tarxeta irá desde 21 x 15 centímetros (metade do DIN A4) ata o formato do DIN A4 (no caso de seren traballos de grupo).
5) Pódense entregar na Conserxaría do Centro ou ao profesorado do Departamento de Galego, escribindo o nome e curso-grupo do autor/a na parte posterior da tarxeta ou cartolina.
6) Todas as tarxetas participantes exporanse nunha mostra á entrada do Centro ou no corredor da planta baixa nos días previos ás vacacións de Nadal.
7) O xurado estará composto polo profesorado de Galego, Debuxo, membros do EDLG e Dirección do IES As Mercedes.
8) Concederanse un primeiro e un segundo premios (agasallo e diploma) para os mellores traballos das seguintes categorías:
- ESO.
- BAC/CICLOS FP.
9) O prazo de presentación das tarxetas remata o día 10 de decembro de 2012,
luns, ás 14,10 horas.
10) O veredicto do xurado será inapelable, podendo deixar algún premio deserto se considera que os traballos non acadan unha calidade mínima aceptable.
* O acto de entrega de premios terá lugar o día e hora que se indique cando se faga público o fallo do xurado.
* O acto de entrega de premios terá lugar o día e hora que se indique cando se faga público o fallo do xurado.
1 nov 2012
Exposición de cabazas no IES o 31 de outubro / Samaín 2012
Concurso de cabazas SAMAÍN-2012 IES As Mercedes on PhotoPeach
Noraboa aos participantes nesta exposición (alumnado e familias)
Noraboa aos participantes nesta exposición (alumnado e familias)
polo traballo tan fermoso que fixeron.
Todas merecían algún premio. Grazas e parabens!
Etiquetas:
Actividades ENDL,
curso 2012-2013,
Fotos,
Samaín
31 oct 2012
En memoria de ALAN TURING, precursor da informática moderna.Grazas a el podedes estar lendo hoxe este blog.

En Cianuro nas Mazás, o blog de ciencia do xornal Praza pública
Hoxendía podemos disfrutar de todo tipo de computadoras que simplifican moito múltiples tarefas e que xa son omnipresentes nas nosas vidas. Para os máis novos de vós son xa apéndices dos vosos corpos. Cando foi posible comunicar varias delas xurdiu Internet e iso cambiou a nosa vida. Mirade, por exemplo, qué sería do futuro da nosa lingua sen os medios dixitais, coma este. O avance nas ciencias da computación poida que sexa un dos máis grandes logros da Humanidade no pasado século.
Para entendermos ben as cousas cómpre empezar sempre polo principio. Neste caso coñecer os comezos foi un pouco máis difícil. Todos coñecemos a personaxes mediáticos coma Bill Gates ou Steve Jobs que tiveron certa influencia no mundo da computación. Pero en xeral, non é tan coñecido cómo empezou todo realmente. Este descoñecemento ten que ver en parte coa vida de Alan Turing, do que este ano se conmemora o centenario do seu nacemento. Hai dous feitos que marcaron a súa vida: o seu traballo segredo para o goberno Británico durante a Segunda Guerra Mundial e ser homosexual na Inglaterra daquel tempo.
Sí, unha vez máis a Guerra e a violencia contra os diferentes na Europa do Século XX. Boa parte do traballo desta mente privilexiada permaneceu oculto ata a década dos setenta, na que se empezaron a desclasificar os traballos de Turing e os seus colegas para descifraren o sistema encriptado de comunicacións dos nazis (ENIGMA) en Betchley Park. Por outro lado, a presión en contra dos homosexuais acabou illándoo socialmente e provocando o seu declive psíquico e físico tras ser sometido a unha castración química. Turing rematou coa súa vida en 1954 mordendo unha mazá envelenada, disque en lembranza do que para el era un mito, Brancaneves.
Se pescudades na vida deste home atoparedes unha historia, na miña opinión, absolutamente conmovedora. Falamos dunha persoa moi, moi intelixente pero tamén moi inocente. Unha mente lóxica ata o estremo. Por iso foi capaz de ser o primeiro en demostrar que unha máquina podería calcular. En saber que unha máquina podería ser ‘intelixente’. E tamén por iso, non atopaba ningunha razón para que alguén o rexeitase porque el sabía perfectamente que a súa tendencia sexual non tiña nada de malo. Esa certeza fixo que o seu sufrimento e illamento fosen aínda meirandes.
Temos unha débeda con Turing e a memoria do seu legado. Desta volta traemos aquí algúns dos fitos máis importantes da súa carreira científica, pero volveremos sobre a súa historia porque hai moito que dicir e moito que aprender desta vida estragada pola incomprensión.
Tralos seus destacados traballos en matemáticas, como xa dixemos antes, foi escollido polo Goberno do Reino Unido xunto con outros científicos que se adicaron á investigación militar durante a Guerra. Moitos deles foron despois os que alumearon o camiño cara a existencia das computadoras.
Pero, xa en 1936, Turing publicaba un artículo titulado On computable numbers. Por primeira vez, formalizaba o concepto dunha “máquina computadora universal”. Intentaba respostar a unha pregunta que el mesmo plantexaba: “¿Que números poden ser calculados por unha máquina?”. Este texto marcou o comezo dunha carreira entre estados que desenbocaría nunha serie de "trebellos" que hoxe consideramos as primeiras computadoras. A primeira delas foi ENIAC (Electronic Numerical Integrator and Computer) da Universidade de Pennsylvania en 1945.
Cando se fabricaban as primeiras máquinas o noso protagonista xa estaba pensando en novos conceptos. Durante unha estancia en Cambridge, entre 1947 e 1948, producía o texto que se considera a orixe do que hoxe coñecemos como Intelixencia Artificial. A pregunta a respostar agora era “Poden as máquinas pensar?”.
Nunca sabemos que outras marabillas nos tería regalado Alan Turing se non fose unha vítima prematura da intolerancia. Grazas a el podedes estar lendo hoxe este blog. Tamén grazas a el soubemos que as máquinas poderían pensar. O que non está tan claro é que os humanos poidamos, ou se o facemos con lóxica, consitencia e claridade. Os que o fan, xa vedes como lles vai.
Etiquetas:
curso 2012-2013,
Historia,
Novas,
Re varia,
TIC
14 oct 2012
Concurso SAMAÍN-2012
Fomentar a participación lúdica e colectiva na recuperación das nosas tradicións populares.
BASES:
1.- Poderá participar calquera alumno/a do IES As Mercedes de LUGO (ESO, BAC, CICLOS FP) que presenten unha cabaza para a exposición que se amosará nos corredores do IES dende o luns, 29 de outubro, ao 2 de novembro de 2012 .
2.- A cabaza traerase tallada da casa e entregarase ao profesorado de Galego ou en Conserxaría. Soamente se poderá presentar unha por participante.
3.- Con cada cabaza irá un papeliño cun lema, nome, título, frase ou texto curto en LINGUA GALEGA que faga referencia á cabaza presentada. Na parte de atrás do papel irá consignado o nome e apelidos do autor/autora, e o curso ou grupo ao que pertence o alumno/a.
4.- O xurado estará composto polo Profesorado de Lingua Galega, membros de EDLG, e un representante da Dirección. Cada membro do xurado terá un sobre no que votará cales son as mellores cabazas en cada categoría. As cabazas levarán un número para ser identificadas polo xurado sen coñecer o nome da persoa que a elaborou.
5.- Establécense tres premios:
a. Premio á mellor tallada e decorada.
b. Premio á máis simpática.
c. Premio á que máis medo dea.
(En todas se valorará a orixinalidade do título, nome, frase ou texto que as acompaña)
6.- Posto que o obxectivo deste concurso é que todos pasemos un bo rato e colaboremos na recuperación das nosas festas e tradicións, os premios serán “agasallos-sorpresa” cos cales queremos amosar o noso agradecemento pola vosa participación.
7.- A participación neste concurso implica a aceptación íntegra destas bases.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG)
Departamento de Lingua e Literatura Galega
IES As Mercedes-LUGO
________________________________________________________________
Algunhas notas e breves apuntamentos sobre as festas de Outono
(Samaín, Defuntos, Magosto, Santos, etc.),
na seguinte presentación:
________________________________________________________________
Algunhas notas e breves apuntamentos sobre as festas de Outono
(Samaín, Defuntos, Magosto, Santos, etc.),
na seguinte presentación:
Para ver as do ano pasado, preme > AQUÍ
E para recursos e información do Samaín no RECANTO DE MIK > http://www.blogoteca.com/orecantodemik/?txtBus=samain&cmdBuscar=Buscar&pag=0&aBuscar=1
E para recursos e información do Samaín no RECANTO DE MIK > http://www.blogoteca.com/orecantodemik/?txtBus=samain&cmdBuscar=Buscar&pag=0&aBuscar=1
12 oct 2012
Cliphistoria
Canle de recursos audiovisuais para o ensino da Historia de Galicia e de España a través de clips de filmes e ao tempo unha reivindicación do cinema español e latinoamericano.
http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/experiencias/experiencia/cliphistoria
Historias de Galicia > http://www.youtube.com/watch?v=xVyP-SE-Dis
Historias de Galicia > http://www.youtube.com/watch?v=xVyP-SE-Dis
Tamén > http://www.youtube.com/user/recunchodamemoria
Toda a nosa historia en 90 segundos
21 sept 2012
Lingua minoritaria vs. lingua minorizada
O galego en Europa / Escenario da lingua galega / Principais linguas faladas en Europa / Linguas oficiais e non oficiais > AQUÍ
Reintegracionismo > AQUÍ
Lingua minorizada > AQUÍ
Lingua minoritaria > AQUÍ
Bilingüismo > AQUÍ
Diglosia > AQUÍ
Lusofonía > AQUÍ
Normativa oficial do idioma galego > AQUÍ
Novas normas ortográficas (2003) da lingua galega
Cronoloxía da evolución da normativa > AQUÍ
Normativa oficial do idioma galego > AQUÍ
Novas normas ortográficas (2003) da lingua galega
Cronoloxía da evolución da normativa > AQUÍ
Mapa das linguas no mundo
Etiquetas:
BAC,
curso 2012-2013,
ESO,
Re varia,
Selectividade,
Sociolingüística,
Videos
17 sept 2012
Como cada comezo de curso, xa se pode descargar na páxina da CGENDL o Calendario Escolar para o Curso 2012-2013. Tédelo á vosa disposición en diversos formatos (anual, mensual e temporalizacións por trimestre) para os diferentes niveis educativos na seguinte ligazón:
Etiquetas:
curso 2012-2013,
Normalizando,
Novas,
Re varia
Imaxin Galgo 2.0
O conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, presentou este luns na Cidade da Cultura a nova versión do corrector de galego 'Imaxin Galgo 2.0', unha ferramenta que "facilitará" o uso do galego dentro das novas tecnoloxías e que constitúe "o máis completo do mercado".
Durante a súa intervención, Xesús Vázquez lembrou que a ferramenta "favorece o uso correcto" do galego, á vez que permite a súa "aprendizaxe", dado que inclúe a corrección de léxico incorrecto en galego e suxestións.
Ao mesmo tempo, destacou, "mellora o prestixio do galego" e favorece a súa presenza nas Tecnoloxías da Información e da Comunicación, así como outras iniciativas apoiadas pola Xunta no marco do Plan Xeral de Normalización dá Lingua e da Axenda Dixital 2014.gal, como o Dicionario de pronuncia de lingua galega online ou a candidatura de dominio .gal.
Ademais de Xesús Vázquez, na presentación participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira Álvarez; a concelleira de Educación de Normalización Lingüística de Santiago, Rebeca Domínguez; Manuel González González, membro da Real Academia Galega e Diego Vázquez Rei, representante da empresa galega que desenvolveu en corrector, Factoría de Software e Multimedia, S.L.
O corrector Imaxín Galgo 2.0, que pode descargarse de forma gratuíta na web http://www.xunta.es/linguagalega/galgo, é unha versión actualizada desta ferramenta, que presenta tres novidades fundamentais: está adaptado á normativa da Real Academia Galega de 2003, está actualizado para as novas versións de Microsoft Word para Windows e conta con versión para Mac.
A diferenza doutros programas similares, ofrece a vantaxe de solucionar, á vez que os erros tipográficos e ortográficos, outros de carácter léxico.
Durante a súa intervención, Xesús Vázquez lembrou que a ferramenta "favorece o uso correcto" do galego, á vez que permite a súa "aprendizaxe", dado que inclúe a corrección de léxico incorrecto en galego e suxestións.
Ao mesmo tempo, destacou, "mellora o prestixio do galego" e favorece a súa presenza nas Tecnoloxías da Información e da Comunicación, así como outras iniciativas apoiadas pola Xunta no marco do Plan Xeral de Normalización dá Lingua e da Axenda Dixital 2014.gal, como o Dicionario de pronuncia de lingua galega online ou a candidatura de dominio .gal.
Ademais de Xesús Vázquez, na presentación participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira Álvarez; a concelleira de Educación de Normalización Lingüística de Santiago, Rebeca Domínguez; Manuel González González, membro da Real Academia Galega e Diego Vázquez Rei, representante da empresa galega que desenvolveu en corrector, Factoría de Software e Multimedia, S.L.
O corrector Imaxín Galgo 2.0, que pode descargarse de forma gratuíta na web http://www.xunta.es/linguagalega/galgo, é unha versión actualizada desta ferramenta, que presenta tres novidades fundamentais: está adaptado á normativa da Real Academia Galega de 2003, está actualizado para as novas versións de Microsoft Word para Windows e conta con versión para Mac.
A diferenza doutros programas similares, ofrece a vantaxe de solucionar, á vez que os erros tipográficos e ortográficos, outros de carácter léxico.
Etiquetas:
curso 2012-2013,
Normalizando,
Novas,
Xunta
3 sept 2012
12 jul 2012
4 jul 2012
Apareceu o Códice Calixtino..., e estaba nun garaxe!
Após un ano do roubo (VER NESTE MESMO BLOG > U-lo Códice Calixtino? 7-xullo-2011), o manuscrito do século XII foi achado nunha casa do Milladoiro, no Concello de Ames. Nas últimas horas foran detidas catro persoas en relación con estes feitos: un ex-traballador da Catedral e tres familiares.
Inicio de novela histórica, final de sainete ou simplemente, de trapallada. Vinte e catro horas antes de cumprirse un ano do salto á opinión pública da desaparición do Códice Calixtino, o círculo pechouse nun escenario con pouco de intriga vaticana e moito de cadro costumista. Nun garaxe do Milladoiro, localidade do Concello de Ames separada uns poucos metros de Santiago de Compostela, que cumpría funcións de rocho, tapado por ladrillos e sacos de cemento e cuberto por bolsas de plástico, pero en bo estado, aparecía a obra datada no século XII, de incalculable valor. Segundo testigos presenciais, nin o xuíz Antonio Vázquez Taín nin os axentes que efectuaron a operación puideron conter a emoción ante un achado que ten pouco de espectacular e moito de metáfora no que ao coidado do patrimonio histórico se refire. (...) LER MÁIS en:
> O Códice Calixtino estaba nun garaxe - Sermos Galiza
> Galiciaé - Atopan o Códice Calixtino nun garaxe de Milladoiro
> Un dos detidos confesou a ubicación do manuscrito | culturagalega.org
> O Códice Calixtino, unha xoia agochada nun garaxe - Praza Pública
1.200.ooo €: Isto de ser electricista na Catedral debe ser un choio, unha bicoca...
24 jun 2012
Día das Letras Galegas-2013 para Roberto Vidal Bolaño
O Plenario da Real Academia Galega, reunido en sesión ordinaria o día 22 de xuño de 2012, acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2013 a Roberto Vidal Bolaño.
Vidal Bolaño non é só un autor imprescindible na nosa literatura, senón tamén na dramaturxia europea do último cuarto do século XX.
Roberto Vidal Bolaño
(Santiago de Compostela, 1950-2002)
(Santiago de Compostela, 1950-2002)
Trátase dunha figura imprescindible para comprender a dimensión do Teatro Galego e, xa que logo, do noso sistema literario. Desde aqueles inicios nos anos setenta, coa mítica Xeración Abrente, ata o ano mesmo da súa morte, a produción literaria de Vidal Bolaño é constante e sempre orientada a armar un edificio teatral galego perdurable. Só uns meses antes do seu pasamento, no número 50 da revista A Trabe de Ouro publicouse o texto do seu monólogo "Sen ir máis lonxe", que Méndez Ferrín cualificou como o seu testamento dramático. Ese mesmo ano a Real Academia Galega nomeouno Académico Correspondente.
É indiscutible a importancia da figura de Roberto Vidal Bolaño para o teatro nacional galego. Aínda que morreu novo (52 anos), Vidal Bolaño é, sen dúbida, o dramaturgo máis prolixo da historia da nosa literatura; mais non é só a cantidade da súa obra a razón da súa importancia, senón as múltiples calidades que os seus textos achegan durante toda a súa actividade.
A produción de Roberto Vidal Bolaño caracterízase por un irrevogable compromiso coa lingua galega, pois estamos ante un autor radicalmente monolingüe, que contribuíu á definitiva instalación do teatro galego na nosa lingua. Ademais, hai na súa obra un inequívoco compromiso estético. Todos os estudosos coinciden en salientar a súa constante preocupación pola experimentación, por dialogar coa tradición culta e popular, literaria e histórica, social e política. Vidal Bolaño non é só un autor imprescindible para o noso sistema literario, senón que é considerado un dos dramaturgos europeos máis importantes do último cuarto do século XX.
E con todo e achegar un currículo dramático inmellorable, o dun profesional que viviu sempre apegado ós escenarios, traballando en case todos os ámbitos da produción teatral, desde a dirección á iluminación, Vidal Bolaño non é soamente un home de teatro. Foi tamén un excelente actor e un dos pioneiros da produción audiovisual en Galicia (sempre dicía que en realidade el quixo ser director de cinema). O seu traballo como director e como guionista, aínda que non chega á dimensión do seu labor dramático, tamén merece unha consideración especial polas liñas que deixou trazadas para o desenvolvemento dun campo audiovisual galego que se expresase na lingua propia e dialogase co resto dos nosos campos culturais.
Por enriba de todo, Roberto Vidal Bolaño foi un extraordinario escritor. Fixo literatura dramática a consciencia, con vontade de intervir no sistema literario galego, de dialogar con outras obras e autores, de apoiarse nos nosos clásicos (como Rosalía, Otero Pedrayo ou Cunqueiro, por exemplo) e na obra dos seus contemporáneos. Súa foi a translación aos escenarios do Percival de Méndez Ferrín, por exemplo, ou do Xelmírez de Cortezón ou da Rosalía de Otero Pedrayo. Era un escritor consciente da pertenza da súa obra a un sistema literario rico e dinámico, en constante desenvolvemento.
A súa obra merece ser revisitada nos escenarios e especialmente nos textos, porque coma os grandes autores de todos os tempos, Roberto Vidal Bolaño foi quen non xa de describir o seu tempo, senón, sobre todo, de transformar a súa época. O teatro galego sábeo ben, e con el, o noso sistema literario.
> Vidal Bolaño, alma do teatro galego (A longa sombra do sombreiro)
> Roberto Vidal Bolaño - Wikipedia, a enciclopedia libre
> Roberto Vidal Bolaño - Wikipedia, a enciclopedia libre
> Ficha do autor
Máis recursos sobre Roberto Vidal Bolaño. Achegas na rede, en > Revolta da freixa
Máis recursos sobre Roberto Vidal Bolaño. Achegas na rede, en > Revolta da freixa
http://praza.com/cultura/3945/lvidal-bolano-centraba-a-sua-atencion-nos-marxinados-nos-peor-tratados-pola-sociedader/
http://praza.com/cultura/4108/un-dia-das-letras-anovado/
Etiquetas:
Letras Galegas,
Letras galegas 2013,
Novas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














