GH convertido en recurso didáctico de primeira orde!... Quen nolo ía dicir!...
Aí tedes unha interesante ligazón con suxestións para comentario, análise e actividades sobre "As funcións sociais da lingua. Conflito e diglosia. Estereotipos e prexuízos lingüísticos e a súa repercusión nos usos": http://aprofa.blogspot.com/2011/02/hablaba-en-gallego-que-bajon.html#links
Tamén VIDEOMONTAXE: http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=UNgJ9xiLQ4Y MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO opina sobre o tema: "Sobre ignorancia e pailanismo", en >
http://www.galiciahoxe.com/opinion/gh/ignorancia-pailanismo/idEdicion-2011-02-17/idNoticia-640809/
Falaba o outro día cun amigo meu de Boiro, e non me cansaba de dicirlle canto me gusta a súa maneira de falar. O seu seseo e gheada, o seu cheísmo... Como me gusta o "galego feo".
ResponderEliminarE a xente cansase de dicirme como lles gusta o meu galego con acento de Lugo... Cando lles digo que "paren de facer o fato" ou "ata mañá, chuchiños"
E vendo este vídeo acordeime de cando coñecín a moitos bos amigos, entre eles o de Boiro en Leicester este verán e lle ensinamos a dicir o monitor inglés "imos caraio", pero como di esta rapaza, "avergonzámonos do noso acento".
Acabar dicindo, que cando ela fala de que cada vez hai máis nacionalismo quizás teña razón, e ver falar a xente coma ela, aumenta notablemente o meu. E "bajón" danos a nos o ver a xente como ela. So espero que pase moito tempo metida nesa casa porque todos sabemos a "gran cultura" que ten a xente en Gran Hermano.
si, eu tamén critiquei a declaración de principios por parte de semellante elementa de Ferrol... Paréceme que é non querer o que se ten. Si eu fora ela xa me tería caído a cara de vergoña...
ResponderEliminarTamén é interesante que hai moita xente que pensa como ela, solo se hai que dar unha volta polo Tuenti...
Vaia...
por certo... son o amigo de Boiro do que Judith fala, ponlle boa nota!
ResponderEliminara min esta muller damee moito asco dende o primeiro día que miña nai estaba vendo Gran Hermano e a vin, vai en contra do galego cando ela é galega e pareceme moi mal que diga que non lle parece ben que a xente diga que
ResponderEliminarÉ unha pena que haxa xente asi.
Grazas pola referencia.
ResponderEliminarJutth, con mozas e mozos coma ti e a nosa lingua non ten que ter medo de morrer.
Parabéns e saúdos.