Moi boas a tod@s! Desde esta nova plataforma da web 2.0 imos loitar pola defensa da lingua e da cultura de Galicia
12 jun 2012
Repaso de SINTAXE (2º ESO)
Etiquetas:
2ºESO,
BAC,
Curso 2011-2012,
Lingua galega,
Selectividade,
Sintaxe
4 jun 2012
"Oralidades: reflexións sobre a lingua falada no século XXI"
Interesantes reflexións de Xosé Luís Regueira no acto de ingreso como académico numerario da Real Academia Galega o pasado 2 de xuño de 2012. Nun brillante discurso que titulou Oralidades: reflexións sobre a lingua falada no século XXI, Regueira alerta do aumento do galego oral con fonoloxía castelá e fai un interesante percorrido polas culturas orais, o paso da oralidade á escrita e a revolución dos medios de comunicación.
(O discurso completo pode descargarse en > Discurso+XOSE+LUIS+REGUEIRA.pdf)
" Eu, señores académicos, tiven a sorte, ou así mo parece a min, de nacer, dar os meus primeiros pasos e pronunciar as miñas primeiras palabras, nun mundo que xa non existe. Naquel mundo a vida falaba galego, e o castelán pertencía ao mundo exterior (o cura, a mestra, a radio, a vila...). A vida falaba. Era unha sociedade fundamentalmente oral, onde a palabra dada tiña o valor dun documento asinado, e na que o meu primeiro contacto coa literatura se produciu no colo dunha irmá de miña avoa, a tía Emilia, que me contaba do castelo de Irás e non Volverás, do cabalo do vento e do cabalo do pensamento, e de princesas encantadas en figura de cobra.
Seguramente as razóns son máis prosaicas, mais téntame pensar que a miña dedicación profesional ao estudo da pronuncia e da lingua oral ten algunha relación con estas miñas orixes. Así que o tema que vou desenvolver neste discurso trata da lingua falada. (> LER MÁIS)
17 may 2012
17 de maio."Día das Letras Galegas": GALICIA COMO TAREA.
Galiza un pouco cada día morre...
Se non viramos rumbo ao navegar
Poñamos vela ao vento que hoxe corre
Ronsel abrindo cara un novo mar
(Cen Chaves de Sombra, Valentín Paz Andrade)
15 may 2012
Recursos e materiais divulgativos para coñecer mellor a VALENTÍN PAZ-ANDRADE
(SXPL) Materiais e recursos elaborados por distintos centros educativos galegos cos que se pretende contribuír a un mellor coñecemeneto da figura de Valentín Paz-Andrade,
► Letras Galegas | Secretaría Xeral de Política Lingüística
(CGENDL) Materiais didácticos, actividades, unidades didácticas, exposicións, propostas normalizadoras, xogos, etc. elaborados por docentes, ENDL e outros grupos de traballo, institucións, etc.
► Letras 2012 | Coordinadora Galega de ENDL
►TRAFEGANDO RONSEIS: Día das Letras Galegas
► Letras Galegas | Secretaría Xeral de Política Lingüística
(CGENDL) Materiais didácticos, actividades, unidades didácticas, exposicións, propostas normalizadoras, xogos, etc. elaborados por docentes, ENDL e outros grupos de traballo, institucións, etc.
► Letras 2012 | Coordinadora Galega de ENDL
►TRAFEGANDO RONSEIS: Día das Letras Galegas
Máis recursos neste blogue ► Valentín Paz Andrade para as Letras Galegas de 2012
E tamén, crónica en ► Carta Xeométrica: Valentín Paz Andrade, na luz e na sombra
E tamén, crónica en ► Carta Xeométrica: Valentín Paz Andrade, na luz e na sombra
14 may 2012
17 de Maio: "Día das Letras Galegas". De 1963 a 2012
(Feito por nós)
(RAG)
50 TEXTOS (IES Ponteceso)
13 may 2012
Vocabularios corrixidos dos temas 6,7,8,9 (2º ESO)
Alfonso Díaz Sal e Sara Fernández Goris, de 2ºESO-A
1 may 2012
Un ano máis, volve o "Correlingua" (LUGO, martes, 8 de maio)
Lugar: LUGO, Praza de Santa María
Programa:
Programa:
Hora de chegada: 11:00 - Hora de remate prevista: 13:00 -13:30
Hora de comezo-actividades: 11:15 - Hora prevista acto final: 12:00
Hora de comezo-actividades: 11:15 - Hora prevista acto final: 12:00
Itinerario:
Saída da Praza de Santa María. Chegada á Porta do Bispo Aguirre. Segue pola ronda deica a entrada da Muralla pola Porta do Campo Castelo. Paso pola Praza Maior. Crúzase de novo a Praza de Santa María para subir á Muralla pola porta de Santiago. Volta á muralla. Chegada á praza de Santa María.
Saída da Praza de Santa María. Chegada á Porta do Bispo Aguirre. Segue pola ronda deica a entrada da Muralla pola Porta do Campo Castelo. Paso pola Praza Maior. Crúzase de novo a Praza de Santa María para subir á Muralla pola porta de Santiago. Volta á muralla. Chegada á praza de Santa María.
Actuacións: Cantalingua
Actividades extraordinarias: ENTREGA DE PREMIOS E AGASALLOS
Actividades extraordinarias: ENTREGA DE PREMIOS E AGASALLOS
COLABORAN: CONCELLO DE LUGO - CONCELLARÍA DE CULTURA
DEPUTACIÓN DE LUGO - VICEPRESIDENCIA
DEPUTACIÓN DE LUGO - VICEPRESIDENCIA
---------------
Co permiso da autoridade, e se o tempo non o impide, malia o que diga este señor, alí nos veremos, como todos os anos > Correlinguas 2012, 2011, 2010, 2009, 2008, 2007, 2006...
Queremos aclararlle ao ilustre tertuliano "opinalotodo" que esta actividade nunca é obrigada para o alumnado. Van os que queren, co permiso de seus pais que en todo momento están informados da actividade e dos seus obxectivos. Pero parécenos mal, moi mal, que por tratar de defender e contribuír á normalización da nosa lingua nos chame "terroristas" e que educamos a "terroristas".
Por se lle serve de algo, informámolo do seguinte:
Que é un EDLG/ENDL? (Equipo de Normalización Lingüística)
É un órgano consultivo e dinamizador dos centros de ensino para os eidos lingüístico e cultural. Forma parte da estrutura administrativa, docente e didáctica dos centros e está integrado por mestres/as e profesores/as dos distintos niveis, por alumnos/as (cando a idade o permite) e por representantes do persoal non docente. Un membro do profesorado actúa de coordinador.
Cada equipo concreto establece o seu funcionamento e a súa organización en concordancia co que dispoña o regulamento orgánico do seu centro. Lexislación vixente (Decreto 124/2007)
A súa función primordial é conseguir que os alumnos/as poidan chegar a ser competentes na lingua galega e usala digna e normalmente.
Cada equipo concreto establece o seu funcionamento e a súa organización en concordancia co que dispoña o regulamento orgánico do seu centro. Lexislación vixente (Decreto 124/2007)
A súa función primordial é conseguir que os alumnos/as poidan chegar a ser competentes na lingua galega e usala digna e normalmente.
Cal é a finalidade do Correlingua?
Se temos en conta a importante perda de falantes de galego que reflicten os estudos que se veñen realizando e que se está a producir entre a poboación máis nova é evidente o interese que ten a dinamización lingüística entre a mocidade.
Por isto cómpre chamar a atención de todas as instancias político-sociais a respecto de intervir de maneira efectiva no mantemento e difusión do idioma. Asemade, cómpre facelo incorporando a mocidade coa súa participación activa.
Os obxectivos concretos do Correlingua que desenvolven e enriquecen a idea
Os obxectivos concretos do Correlingua que desenvolven e enriquecen a idea
anteriormente exposta son tres:
1.- Propiciar a reflexión sobre a situación da lingua e a importancia de activar accións en prol dela.
2.- Sensibilizar a sociedade, a través da poboación xuvenil, da importancia da defensa da lingua.
3.- Asociar a reflexión lingüística a actividades colectivas, lúdicas e amenas, e interdisciplinares.
As actividades do Correlingua –especialmente as actividades preparatorias (certames, concursos, pancartas, etc.)– diríxense fundamentalmente ao alumnado de centros de ensino , tanto de titulariedade pública coma privada, de diferentes niveis. Xa que logo, contamos coa participación de nenos e nenas de educación infantil, primaria, secundaria e postobrigatoria.
Porén, as actividades non se circunscriben ao alumnado, senón que a través de fórmulas de colaboración varias, participan tamén entidades asociativas de ámbitos diversos. Asemade, coa difusión en medios de comunicación e coas propias actividades espállanse tamén mensaxes de defensa e promoción da lingua na sociedade en xeral.
> Descarga aquí a Unidade Didáctica de Secundaria
Valentín Paz-Andrade tamén participaba nos Correlinguas
Cómpre lembrar, neste ano en que Valentín Paz Andrade é o escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas-2012, que el mesmo participou nas carreiras pola lingua, cando esta actividade deportivo-reivindicativa comezaba trotar polas rúas de Vigo, na década dos 80. O Correlingua de hoxe é o sucesor das carreiras pola lingua de entón, e como daquela quere seguir reclamando a atención do conxunto da sociedade sobre o noso idioma.
Cómpre lembrar, neste ano en que Valentín Paz Andrade é o escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas-2012, que el mesmo participou nas carreiras pola lingua, cando esta actividade deportivo-reivindicativa comezaba trotar polas rúas de Vigo, na década dos 80. O Correlingua de hoxe é o sucesor das carreiras pola lingua de entón, e como daquela quere seguir reclamando a atención do conxunto da sociedade sobre o noso idioma.
(Vía > GAVIEIRA)
25 abr 2012
Máis concursos: "LINGUA DE NAMORAR" (SXPL)
Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.
O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude con motivo do 17 de maio, Día das Letras Galegas e de Internet, é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente en internet e na mensaxería instantánea.
O concurso Lingua de namorar consiste en enviar unha mensaxe de amor, dun máximo de 350 caracteres, que poderá redactarse en prosa ou en verso. Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso.
O prazo para enviar as mensaxes permanecerá aberto ata o 17 de maio. Para participar é preciso cubrir o formulario de inscrición que atoparás na páxina >
(.../...)
Para máis información, preme aquí > http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/bases_lingua_namorar.pdf
Etiquetas:
Concursos,
Letras Galegas 2012,
Lingua galega,
Novas
17 abr 2012
CERTAME DE POESÍA E MICRORRELATO "Letras Galegas" IES As Mercedes
BASES
1ª.- Poderán participar neste Certame, por categorías e modalidades:
A.- Alumnado de 1º e 2º ciclos de ESO.
B.- Alumnado de BAC e CICLOS FP.
2ª.- O Xurado, composto polos profesores do EDLG e do Departamento de Lingua Galega, concederán tres premios ás mellores POESÍAS e outros tres aos mellores MICRORRELATOS de cada categoría (ESO ou BAC/CICLOS FP).
1º PREMIO: diploma e agasallo.
2º PREMIO: diploma e agasallo.
3º PREMIO: diploma e agasallo.
3ª.- Tanto as POESÍAS como os MICRORRELATOS deberán ser inéditos,
escritos en lingua galega, e mecanografados a dobre espazo por unha soa cara en Microsoft Word / OpenOffice predeterminado. O tema é libre.
4ª.- Os traballos poden entregarse na Conserxaría do Centro nun sobre cerrado indicando claramente a categoría (ESO- BAC/CICLOS) e a modalidade (POESÍA / MICRORRELATO). Dentro, noutro sobre, aparecerán consignados o nome e apelidos e o curso e grupo do autor/a. Outra opción, preferida polo Xurado, consiste en que o alumnado inscrito na AULA VIRTUAL do IES As Mercedes suba os traballos ao curso "Certame Letras Galegas-2012"
, creado para tal efecto no Departamento de Lingua Galega, asinando a súa actividade cun pseudónimo e entregando na Conserxaría un sobre pehado no que conste o devandito nome ficticio, e o nome real e curso do autor/a no seu interior. (Os que non estean inscritos, poden falar co profesor José Pedrouzo para se matricularen, e así ter acceso a esta aplicación)
5ª.- A extensión máxima das POESÍAS será de unha páxina. Os RELATOS non deberán exceder as dúas páxinas (200-400 palabras +/-)
6ª.- O prazo de presentación remata ás 14,10 horas do luns, 14 de maio.
7ª.- Os traballos gañadores deste Concurso faranse públicos nos taboleiros de entrada do IES, e recibirán o seu agasallo no transcurso dos actos que se celebren no Instituto co gallo do “Día das Letras Galegas”, este ano adicado ao
xurista, político, empresario, escritor, poeta e xornalista galeguista .
VALENTÍN PAZ-ANDRADE.
8ª.- Estas bases deberán ser acatadas por todos os participantes neste Certame e o veredito do Xurado será inapelable.
8ª.- Estas bases deberán ser acatadas por todos os participantes neste Certame e o veredito do Xurado será inapelable.
Organiza:
Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG)
Departamento de Lingua Galega
IES As Mercedes - LUGO
___________
Recursos para escribir microrrelatos, con exemplo, en >
Decálogo para facer os mellores microcontos (neste blog)
Escola de escritores IES As Mercedes
Decálogo para facer os mellores microcontos (neste blog)
Escola de escritores IES As Mercedes
Recursos para escribir poemas en > Construir poesia > Como medir versos
O xénero lírico: introdución (< do blog Remexer na lingua)
Recursos sobre "Letras Galegas 2012"/Valentín Paz-Andrade en > ( RECANTO de MIK)
O xénero lírico: introdución (< do blog Remexer na lingua)
Recursos sobre "Letras Galegas 2012"/Valentín Paz-Andrade en > ( RECANTO de MIK)
11 abr 2012
Normas ortográficas e morfolóxicas do Idioma Galego. Real Academia Galega (marzo-2012)
Para que non suceda isto...
Vía > Édelingua: Non estamos a mudar de normativa de cotío! Blog do EDLG IES O Mosteirón (Sada)
...temos que repasar isto:
...temos que repasar isto:
Etiquetas:
Curso 2011-2012,
Dicionarios,
ESO,
Humor,
Lingua galega,
Normativa,
RAG,
Selectividade,
Videos
"O porco de pé" de Vicente Risco como cronografía
Etiquetas:
BAC,
Curso 2011-2012,
literatura,
Selectividade
4 abr 2012
IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA. Convocan e organizan os Departamentos de Debuxo, Matemáticas e EDLG do IES As Mercedes (LUGO)
Para máis información, preme aquí >
BASES
¿Quen se pode presentar?
- Modalidade A (concurso-exposición): Pode participar todo o alumnado de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos formativos do IES As Mercedes así como todos os alumnos e alumnas dos centros adscritos; CPI As Mercedes, CPI do Corgo e doutros CPIs de Lugo.
- Modalidade B (exposición): Calquera membro da comunidade escolar do IES As Mercedes.
¿Que hai que facer?
Categoría A.- Fotografías que mostren exemplos da presenza das matemáticas no noso contorno.
Categoría B.- Montaxes fotográficas nas que aparezan contidos, formas ou ideas das matemáticas.
Nas dúas categorías as fotografías deberán levar un título en lingua galega relativo ás matemáticas.
¿Como se presentan as fotos?
Categoría A.- As fotografías presentaranse en formato de arquivo JPEG.
Categoría B.- As fotografías presentaranse en formato de arquivo JPEG cunha copia en formato de arquivo PSD (Photoshop) ou XCF (GIMP). Os arquivos poderán enviarse comprimidos.
- Remitiranse mediante correo electrónico á dirección ies.asmercedes@gmail.com indicando no asunto: concurso fotográfico. No correo incluirase o nome e apelidos do autor, e no caso do alumnado, o centro e curso no que está matriculado. Tamén se incluirá o título da fotografía que debe facer referencia a algún contido matemático.
- Os autores das fotografías autorizarán a reprodución das fotos presentadas nas publicacións e páxinas web do IES As Mercedes.
- As fotografías premiadas poderán formar parte do deseño do cartel da próxima edición do concurso.
Data límite de presentación: 4 de maio de 2012.
PREMIOS
Categoría A: 1º premio.- Un vale para a adquisición de material fotográfico.
2º premio.- Un vale para a adquisición de material fotográfico.
Categoría B: Premio único.- Un vale para a adquisición de material fotográfico.
¿Que vai ter en conta o xurado?
- A orixinalidade e creatividade das fotografías e do seu título.
- No caso de que o xurado considere que as fotografías presentadas non teñen un mínimo de calidade, nin unha relación evidente coas matemáticas, o premio do concurso poderá quedar deserto.
- O xurado estará composto por un profesor do departamento de matemáticas, outro do departamento de debuxo, outro do departamento de lingua galega, un representante do alumnado e un membro do equipo directivo.
- A participación no concurso significa a aceptación das presentes bases.
______________________________________________
Organizan:
Departamento de Matemáticas, Departamento de Debuxo
e Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG).
______________________________________________
Nas seguintes presentacións podedes ver as fotografías premiadas, accésits, fotografías seleccionadas na fase final, e tamén outras presentadas fóra de concurso,
de anos anteriores.
de anos anteriores.
______________________________________________
Etiquetas:
Actividades ENDL,
Concursos,
Fotos,
Normalizando
3 abr 2012
LUME NAS FRAGAS DO EUME. Arde o mellor bosque atlántico europeo e un dos lugares máis fermosos de Galicia. (Quen terá a culpa?...)
- Canción: As árbores da fraga. (Fol do vento)
View more PowerPoint from martamariaalicia
As árbores da fraga
Estaba o acivro
de garda na fraga,
pasou o carballo
e non lle dixo nada.
Chegou o eucalipto
á porta petar,
o acivro de garda
non o deixou pasar.
Entrou o bidueiro
e máis o salgueiro,
tamén o cerquiño
e o ameneiro.
Pasou o pradairo
seguido do freixo,
tamén a abelaira
e o castiñeiro.
Logo entrou o buxo
e máis a sobreira,
despois veu a faia
xunto coa ulmeira.
-Vaite eucalipto
non insistas máis
que aquí na fraga
non podes entrar.
29 mar 2012
Hoxe estamos en obras...
IRONÍA
TROPO: figura retórica ou estilística da linguaxe que consiste en expresar unha idea con palabras que indican aproximadamente o contrario do que se quere dicir / Ton de burla con que se di algo.
CFR: (Ou consúltese "Retranca") Habilidade para falar ironicamente e con segundas intencións.
FILOSOFÍA: Procedemento interrogatorio empregado por Sócrates que, finxindo ignorar unha cousa, demostraba que tiña un coñecemento superior ao do seu interlocutor, que presumía de sabelo.
LATINISMO: “Qui potest capere, capiat” (O que teña oídos que escoite e quen queira entender que entenda...)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











