Moi boas a tod@s! Desde esta nova plataforma da web 2.0 imos loitar pola defensa da lingua e da cultura de Galicia
24 abr 2013
23 abr 2013
Día do LIBRO
Un excelente Blog de lecturas, bibliotecas, libros... > http://trafegandoronseis.blogspot.com.es/2013/02/ilustrar-bibliotecas.html
E máis sobre Libros e Bibliotecas >
Cando os nosos xenes non puideron almacenar toda a información necesaria para a supervivencia, inventamos lentamente os cerebros. Pero logo chegou o momento, hai quizais dez mil anos, no que necesitabamos saber máis do que podía conter axeitadamente un cerebro.
Deste modo aprendemos a acumular enormes cantidades de información fóra dos nosos corpos. Segundo cremos somos a única especie do planeta que inventou unha memoria comunal que non está almacenada nin nos nosos xenes nin nos nosos cerebros. O almacén desta memoria chámase BIBLIOTECA.
Un LIBRO faise a partir dunha árbore. É un conxunto de partes planas e flexibles (chamadas aínda "follas") impresas con signos de pigmentación escura. Abonda botarlle unha ollada para oír a voz doutra persoa que quizais morreu hai miles de anos. O autor fala a través dos milenios de modo claro e silencioso dentro da nosa cabeza, directamente a nós.
9 abr 2013
José Luis Sampedro (1917-2013), in memóriam
Economista e escritor brillante, lúcido, xa
case centenario exerceu o seu humanismo crítico
acerca da decadencia moral e social de Occidente, do neoliberalismo e as brutalidades do capitalismo salvaxe.
"¡Indignádevos!"
"Rapaces, coidado, nós loitamos por conseguir o que tedes,
agora tócavos a vós defendelo, mantelo e melloralo;
non permitades que volo arrebaten".
Prólogo de José Luis Sampedro en "¡Indignádevos!" (INDIGNEZ-VOUS/2010) de Stéphane HESSEL (1917-2013) loitador polos dereitos humanos e membro da Resistencia contra os nazis, falecido en febreiro deste mesmo ano.
"Eu tamén nacín en 1917. Eu tamén estou indignado. Tamén
vivín unha guerra. Tamén soportei unha ditadura. Ao igual que a Stéphane Hessel,
escandalízame e indígname a situación de Palestina e a bárbara invasión de
Iraq. Podería achegar máis detalles, pero a idade e a época abondan para
mostrar que as nosas vivencias sucederon no mesmo mundo. Falamos na mesma onda.
Comparto as súas ideas e faime feliz poder presentar en España o chamamento
deste brillante heroe da Resistencia francesa, posteriormente diplomático en
activo en moitas misións de interese, sempre a favor da paz e a xustiza.22 mar 2013
IES As Mercedes (Lugo): "ISTO FUNCIONA, NON O DESINTEGREDES"
Entre a primeira noticia (felicitación!) e a segunda ("desintegración"),
pasou exactamente un mes
REFERENCIA DO CONSELLO DA XUNTA DO 21 DE MARZO DE 2013
PRESIDIDA POLO SR. FEIJÓO PARA A CREACIÓN DO CIFP "AS MERCEDES"
PRESIDIDA POLO SR. FEIJÓO PARA A CREACIÓN DO CIFP "AS MERCEDES"
NOTICIA 1
(Voz de Galicia, 19 de febreiro de 2013)
"O conselleiro de Cultura e Educación felicita ao IES As Mercedes pola implantación no centro do sistema de eficiencia enerxética co que gañaron o certame de Schneider Electric"
Xesús Vázquez Abad presidiu a presentación do proxecto co que o instituto lugués se impuxo na 1ª competición de Eficiencia Enerxética na FP.
Como premio, o centro recibiu fondos para poñer en marcha as solucións técnicas propostas no proxecto, coas que se agarda reducir nun 20% o consumo.
O conselleiro anunciou ademais a próxima adxudicación das obras para a reforma dos talleres do instituto.
“O conselleiro de Educación visita o IES As Mercedes para coñecer o seu sistema de eficiencia enerxética”
O instituto de Lugo gañou coa iniciativa ou primeiro certame Schneider Electric, convocado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
O proxecto foi elaborado
polos estudantes de segundo curso do ciclo formativo de Eficiencia Enerxética e
Enerxía Solar Térmica, baixo a titoría de Alberto Pereira e Víctor Paz. Ademais do
conselleiro, ao acto desta mañá asistiron, entre outros, o director do
instituto, Juan Antonio López Fernández; o alcalde de Lugo, José López Orozco;
a delegada dá Xunta en Lugo, Raquel Arias; o xefe territorial de Educación,
Jesús José Ramos Ledo; e o deputado e portavoz do grupo municipal do PP na
cidade, Jaime Castiñeira.
«Demostrastes que sodes quen de realizar un esforzo
con fins académicos e sabedes que, para obter uns froitos, ten que haber moito
traballo detrás. As nosas máis sinceras felicitacións pola vosa madurez, que de
seguro vos abrirá moitas portas», destacou
Vázquez.
Máis información, AQUÍ > http://www.edu.xunta.es/web/node/8654
Máis información, AQUÍ > http://www.edu.xunta.es/web/node/8654
NOTICIA 2
(Voz de Galicia, 19 de marzo de 2013)
“Dimite o equipo directivo do IES As Mercedes de Lugo. Educación acaba de comunicar a transformación do instituto en Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP)”
Case 200 alumnos e 28 profesores do IES As Mercedes serán trasladados. Educación converte o instituto en centro integrado de FP e suprime a ESO e o BAC.
O paso a CIFP do IES As Mercedes deixa o sur da cidade sen instituto.
Educación enviará a ESO e o BAC ao San Xillao, ao Lucus e ao Feminino.
Preto de 200 alumnos e 28 profesores do IES As Mercedes de Lugo serán trasladados o curso que vén a outros institutos. A Consellería de Cultura e Educación anunciou onte a conversión do instituto da Avenida de Madrid en Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP), unha medida que ampliará a oferta de ciclos formativos do centro, pero que implicará a supresión dos ensinos de ESO e Bacharelato.
Pouco despois de coñecer a decisión, que segundo confirmaron distintas fontes foi tomada «de xeito unilateral», sen consultar nin ter en conta á comunidade educativa afectada, a dirección do instituto, encabezada por Juan Antonio López Fernández, presentaba a dimisión.
O cambio obrigará a reorganizar de arriba a abaixo o funcionamento do centro, onde ata agora cursaban a secundaria obrigatoria estudantes provenientes dos CEIP As Mercedes e Illa Verde, de Lugo, e do Corgo. Desde o gabinete de prensa de Educación indicaron que aínda se descoñece a que institutos será adscrito a partir de setembro ese alumnado.
Nunha situación similar atópase a trintena de docentes que imparten materias na ESO e en BAC. Ao parecer, nestes momentos do curso o prazo de solicitude do concurso de traslados xa está pechado, polo que as opcións para elixir outro destino redúcense. Algúns dos profesores criticaron con dureza «a improvisación» con que se está levando a cabo o proceso. «Se nos avisasen con tempo poderiamos ter feito doutra maneira», indicaron.
Máis informacións, AQUÍ >
* Voz de Galicia
http://www.lavozdegalicia.es/temas/ies-as-mercedes?idioma=galego
* Progreso
http://elprogreso.galiciae.com/?accion=buscar&en_tags=&texto=As%20Mercedes
* Galicia Confidencial
* Xornal Galicia.com
http://www.xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=90150
* Praza Pública
http://praza.com/movementos-sociais/3930/a-xunta-converte-institutos-en-centros-integrados-e-masifica-mais-aulas-de-secundaria/
* Blog da ANPA do IES As Mercedes
http://anpaasmercedes.blogspot.com.es/
* Blog > As mercedes loita
http://asmercedesloita.blogspot.com.es/
http://anpaasmercedes.blogspot.com.es/
* Blog > As mercedes loita
http://asmercedesloita.blogspot.com.es/
Etiquetas:
Isto funciona,
Novas,
Outra vaca no millo,
Xunta
21 mar 2013
No día da árbore e da poesía, un poema de Darío Xohán Cabana
O MUNDO chámase carballo
O
MUNDO chámase carballo.
Podía ser
abedueira, chopo,
capudre, castiñeiro,
sobreira, virgondoiro,
teixo sombrío ou freixo de tríplice raíz.
Pero non,
o mundo chámase carballo
desde que o mundo é mundo.
Deitouse o avó
dos avós dos avós
á sombra do carballo,
e adormeceu, e o soño
naceulle dunha landra
coma cerebro, fixo
dúas follas minúsculas
e unha raíz que axiña
se dividiu buscando
sales, metais, materias
orgánicas escuras,
colleu pulo, estrincouse
sobre a terra, tirou
da seiva cara arriba,
xemou en tres, en catro, en cinco gallas,
abriuse lento coma un mundo,
formou roda, os paxaros
aniñaron nas fronzas,
e o peto carpenteiro
carpentaba buratos.
Podía ser
abedueira, chopo,
capudre, castiñeiro,
sobreira, virgondoiro,
teixo sombrío ou freixo de tríplice raíz.
Pero non,
o mundo chámase carballo
desde que o mundo é mundo.
Deitouse o avó
dos avós dos avós
á sombra do carballo,
e adormeceu, e o soño
naceulle dunha landra
coma cerebro, fixo
dúas follas minúsculas
e unha raíz que axiña
se dividiu buscando
sales, metais, materias
orgánicas escuras,
colleu pulo, estrincouse
sobre a terra, tirou
da seiva cara arriba,
xemou en tres, en catro, en cinco gallas,
abriuse lento coma un mundo,
formou roda, os paxaros
aniñaron nas fronzas,
e o peto carpenteiro
carpentaba buratos.
Etiquetas:
Día da árbore,
Patrimonio,
Poesía,
Primavera
20 mar 2013
Un poema de Manuel María para recibir a primavera
Cervo, flor dun soño,
tremor
emocionado da terra
cando se prepara alborazada
para receber á primaveira,
tépedo vento milagreiro
que cruzas e iluminas
á floresta, lóstrego
que deixas nos nosos ollos
a sorpresa, a camelia gris,
pura e branca da nostalxia.
emocionado da terra
cando se prepara alborazada
para receber á primaveira,
tépedo vento milagreiro
que cruzas e iluminas
á floresta, lóstrego
que deixas nos nosos ollos
a sorpresa, a camelia gris,
pura e branca da nostalxia.
Cervo feito de luz,
orballo,
claridade de alba, símbolo
do meu perfecto amor maduro
de anceios, de soños e de sedes:
gallopa novamente ó meu
cansado corazón esgarecido
para que poida sentir
unha vez máis, só unha vez,
á xuventude
florecendo de novo no meu sangue.
claridade de alba, símbolo
do meu perfecto amor maduro
de anceios, de soños e de sedes:
gallopa novamente ó meu
cansado corazón esgarecido
para que poida sentir
unha vez máis, só unha vez,
á xuventude
florecendo de novo no meu sangue.
[ Manuel María. Miniescolma.
Monforte de Lemos: Edición de autor, 1998]
A xeito de curiosidade:
Esta poesía publicouse por vez primeira na páxina 16 da revista do Instituto de FP (hoxe IES) "A Pinguela" de Monforte o 3 de xaneiro de 1989, sendo eu profesor e coordinador da mesma, durante a miña estadía de tres anos na cidade do Cabe.
Un grupo de alumnos do Instituto pedíronlle a Manuel María un poema para a revista e agasallounos con esta marabilla, inédita naquel momento.
Máis tarde publicaríase en antoloxías do poeta chairego.
Na lembranza daqueles tempos, unha vez máis, grazas a Don Manuel pola xentileza e xenerosidade que tivera connosco.
A revista faciámola de xeito artesanal, sen ordenadores, cunha máquina de escribir "Olivetti-LETTERA 35" do centro, e o deseño, debuxos e ilustracións, elaborábano a man os propios rapaces.
1989. Eran outros tempos...
|
Etiquetas:
Lingua e literatura galega,
Patrimonio,
Poesía
17 mar 2013
Liortas na RAG. O que nos faltaba!
liorta s.f.
1. Enfrontamento entre dúas ou máis persoas no que hai berros, discusións e incluso golpes. Formaron tal liorta, que ao final tiveron que separalos. Sinónimos: baralla, barallada, lea, lida . cf. algarada , algareo , algueirada . Seica houbo liorta entre eles. Sinónimos: agarra , altercado, camorra, disputa , pendencia , porfía , querela , refrega, rifa, zarracina .
2. Asunto, situación etc., difícil de
resolver. Non me veñas con liortas ... Sinónimos: cerellada,
embrolla, enguedello, enleada, enredo, lea, leria, marfallada, zaragallada,
zarangallada, zarapallada .
3. Situación confusa con moito ruído e desorde. Coa liorta que arman non hai quen durma. Sinónimos: barullo ,
confusión , lea , rebumbio
. cf. cotarro, galimatías.
"A garrotazos" de Francisco de Goya. 1819 (Pinturas negras na Quinta do Xordo)
15 mar 2013
"Como asaltar bancos e caixas de aforro con éxito"
O galego como lingua útil.
Tense dito mil veces, cen
mil veces, millóns de veces, que o idioma galego non é un idioma útil, o que é
certo nun determinado sentido da utilidade. Nos que así pensan subxace este
esquema, estas tres premisas:
a) O galego non serve fóra das fronteiras do noso pequeno país; por
conseguinte, o castelán (e aínda máis o inglés) é de maior utilidade.
b) O galego, secularmente idioma non escalafonal, é unha lingua que non
produce diñeiro; sen embargo o castelán (e aínda máis o inglés) chaman polo
diñeiro: teñen maior utilidade.
c) O galego ten sido (dito dun xeito moi impreciso) a lingua da xente
non distinguida e/ou non poderosa; polo tanto o outro idioma da polémica, o
castelán, ten máis utilidade.
¿Para que -pregúntanse moitos pais, moitas nais- o ensino dunha lingua
así? Desde unha filosofía tan vulgar,
tan inmoral da utilidade teñen toda a razón do mundo. Agora ben, eses pais e
esas nais deberían esixiren nos nosos institutos a disciplina "como asaltar bancos e caixas de aforro con
éxito", saber moito máis útil có castelán e o inglés xuntos. Quizais
os asustase tanta coherencia.
Desde outra
"moral" pódese pensar que o galego é un idioma útil, entrañablemente
útil.
¿Haberá maior utilidade espiritual que entendérmonos na voz natural e
cálida da maioría dunha comunidade?¿Haberá utilidade máis gratificante cá de
non subestimar e ferir a ninguén porque fale a súa lingua histórica? ¿Haberá
utilidade máis humana có feito de enfrontármonos coa construción do futuro sen
rexeitarmos ou acomplexarmos, a realidade presente?
Xesús Alonso
Montero , “ Lingua e
administración” (1990?)
_______________________________________________________________________________
_______________________________________________________________________________
CUESTIÓNS PARA COMENTARIO:
1. Que "utilidade" ten para ti o galego? e o español? e o inglés?
1. Que "utilidade" ten para ti o galego? e o español? e o inglés?
2. Por que
di o texto que o castelán e o inglés "chaman polo diñeiro"?
3. En que
idioma realizas ti cada unha das funcións da lingua? por que usas ese idioma?
Cres que o galego é valido para todas estas funcións? Xustifícao.
Cres que o galego é valido para todas estas funcións? Xustifícao.
8 mar 2013
8 de marzo, día da muller traballadora

Museo de LUGO
Con este fermoso cadro a pintora enxalza por un lado, o mundo rural,
e por outro, unha actividade que esqueceran os seus colegas pintores
masculinos da época: a do traballo dunha muller mestra.
Con este fermoso cadro a pintora enxalza por un lado, o mundo rural,
e por outro, unha actividade que esqueceran os seus colegas pintores
masculinos da época: a do traballo dunha muller mestra.
5 mar 2013
125 aniversario de Otero Pedrayo (5 de marzo de 1888 - 1976)
Busto de Ramón Otero Pedraio, na Praza Maior de Lugo
Considerado o "Patriarca das letras galegas", pertenceu á Xeración Nós e é un dos máis preclaros escritores galegos. Traballou diversos xéneros: ensaio, novela, poesía, ademais dos
estudos científicos de xeografía da súa cátedra da Universidade de Santiago.
Aínda que a
actividade poética de Otero Pedrayo se pode considerar como algo marxinal
dentro da súa ampla obra literaria, ten poemas soltos como este famoso
dentro da súa ampla obra literaria, ten poemas soltos como este famoso
Groria
do porco, frol da invernía,
sona da casa, lapa de carne
Xamón.
Densidá ilustre da cena sabia,
gracia e potencia, rosa do pote,
Xamón.
Coallo dos froitos todos da terra,
labio fresqueiro, mantenza antiga,
Xamón
Febra xugosa, rica canteira onde
se curtan limpos poliedros
Xamón.
Benedictina fartura ilustre de Oseira e
Samos, coartel famoso,
Xamón.
Rei da lareira, carne petrucia, da Raza
esgrevia gardas o zume,
Xamón.
De rica alquímia Summa suprema,
(Fariña, poma. Landra, castaña.)
Xamón,
Sal do fumeiro, na noite negra
do viño en xerra irmán doado,
Xamón
Pai das artritis, das esclerosis .
fildalgas doenzas do pazo antergo,
Xamón.
Tentación dura pra o anacoreta,
coor de meixela, carne de lume,
Xamón.
Do chan galego tes a dozura
se a meias coces con fachas secas,
Xamón
Sono adoecido do triste abstemio
farto de berzas, todo augachirle,
Xamón,
Pra tí frolecen os soutos vellos,
medran as hortas, madura o nabo,
Xamón.
Para gabarte cantóu Homero,
brilas no hexámetro, manxar heroico
Xamón
Liturxias vellas impós ós fieis
aristocrática, feudal mantenza,
Xamón
Coma o pescado roxo e sabroso
amoleciches ó funcionario,
Xamón
Do norte xiado veu pra buscarte
o loiro suevo fillo da guerra,
Xamón.
Da xente aria vella mantenza,
na túa presencia trema o Semita,
Xamón.
Triste xudeu farto de ovella
morre de envexa pola túa groria,
Xamón.
Criado con calma, mimo, coidado,
da esencia do agro síntesis rara,
Xamón.
Mentras o fígado come o escolante,
ríllate ancioso o forte abade,
Xamón
Tes en Caldelas forte crianza
na neve xiada das cumes outas,
Xamón.
Dacón por ti goza de sona
de ser Porcópolis, Chicago noso,
Xamón.
Papa das carnes, cardealicio,
archimandrita da limpa mesa,
Xamón.
Homildemente a tí chegamosos
pelingrinos, fartos de légoas,
Xamón.
E no teu gosto fresco e potente
teñen consolo as nosas fames,
Xamón.
¡Rei da mantenza, sol do fumeiro,
que sempre agardes nosa chegada
Xamón.
sona da casa, lapa de carne
Xamón.
Densidá ilustre da cena sabia,
gracia e potencia, rosa do pote,
Xamón.
Coallo dos froitos todos da terra,
labio fresqueiro, mantenza antiga,
Xamón
Febra xugosa, rica canteira onde
se curtan limpos poliedros
Xamón.
Benedictina fartura ilustre de Oseira e
Samos, coartel famoso,
Xamón.
Rei da lareira, carne petrucia, da Raza
esgrevia gardas o zume,
Xamón.
De rica alquímia Summa suprema,
(Fariña, poma. Landra, castaña.)
Xamón,
Sal do fumeiro, na noite negra
do viño en xerra irmán doado,
Xamón
Pai das artritis, das esclerosis .
fildalgas doenzas do pazo antergo,
Xamón.
Tentación dura pra o anacoreta,
coor de meixela, carne de lume,
Xamón.
Do chan galego tes a dozura
se a meias coces con fachas secas,
Xamón
Sono adoecido do triste abstemio
farto de berzas, todo augachirle,
Xamón,
Pra tí frolecen os soutos vellos,
medran as hortas, madura o nabo,
Xamón.
Para gabarte cantóu Homero,
brilas no hexámetro, manxar heroico
Xamón
Liturxias vellas impós ós fieis
aristocrática, feudal mantenza,
Xamón
Coma o pescado roxo e sabroso
amoleciches ó funcionario,
Xamón
Do norte xiado veu pra buscarte
o loiro suevo fillo da guerra,
Xamón.
Da xente aria vella mantenza,
na túa presencia trema o Semita,
Xamón.
Triste xudeu farto de ovella
morre de envexa pola túa groria,
Xamón.
Criado con calma, mimo, coidado,
da esencia do agro síntesis rara,
Xamón.
Mentras o fígado come o escolante,
ríllate ancioso o forte abade,
Xamón
Tes en Caldelas forte crianza
na neve xiada das cumes outas,
Xamón.
Dacón por ti goza de sona
de ser Porcópolis, Chicago noso,
Xamón.
Papa das carnes, cardealicio,
archimandrita da limpa mesa,
Xamón.
Homildemente a tí chegamosos
pelingrinos, fartos de légoas,
Xamón.
E no teu gosto fresco e potente
teñen consolo as nosas fames,
Xamón.
¡Rei da mantenza, sol do fumeiro,
que sempre agardes nosa chegada
Xamón.
Información sobre a vida e obra de Otero en >
E unha curiosidade relacionada coa RAG >
Etiquetas:
Lingua e literatura galega,
Patrimonio,
RAG
2 mar 2013
Composición da actual Real Academia Galega ("Colligit. Expurgat. Innovat")
Vicesecretario
|
Secretario
|
Presidente
|
Tesoureiro
|
Arquiveiro/
Bibliotecario |
- Vacante a cadeira deixada tras o falecemento de Francisco Fernández del Riego. Foi elixido para cubrila Xosé Fernández Ferreiro.
- Vacante a cadeira deixada tras o falecemento de Francisco Xavier Río Barja. Foi elixido para cubrila Pegerto Saavedra.
- Vacante a cadeira deixada tras o falecemento de Xaime Illa Couto. Foi elixida para cubrila Fina Casalderrey.
A Real Academia Galega é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua. Dende o 23 de xaneiro de 2010 o seu presidente é Xosé Luís Méndez Ferrín, que substitúe a Xosé Ramón Barreiro Fernández.
HISTORIA DA RAG (1906-2013)
O precedente da Real Academia Galega foi a Comisión Xestora para a creación da Academia Galega, promovida por Emilia Pardo Bazán e Ramón Pérez Costales. Montouse sobre a base dunha sociedade, Folklore Gallego, presidida pola escritora.
En 1904 Manuel Murguía publicou un artigo na revista do Gran Hotel de Mondariz no que propugnaba a creación dunha Academia galega. Este artigo espertou interese, e en 1905 constituíuse na Habana a Sociedade Protectora da Academia Gallega, grazas ao impulso de Manuel Curros Enríquez e Xosé Fontenla Leal. En Galiza seguiron esta iniciativa algúns persoeiros que se reunían na Libraría Rexional de Uxío Carré Aldao da Coruña. A Real Academia Galega constituíuse o 30 de setembro de 1906, presidida por Manuel Murguía, e con corenta membros. O acto celebrouse nos locais da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos, case un ano despois da presentación legal dos seus estatutos. Os obxectivos iniciais eran fundamentalmente lingüísticos e incluían a elaboración dun dicionario e unha gramática, proxectos que demoraron moitos anos.

Manuel Murguía,
Primeiro presidente da RAG.
Durante a presidencia de Murguía (1906-1923) elevouse a figura de Rosalía, comezouse a publicar o Boletín de la Academia Gallega (263 números) e a Academia viuse no medio de polémicas e enfrontamentos debido ao seu carácter galeguista. O segundo presidente, Andrés Martínez Salazar, foino só un ano, xa que morreu inesperadamente. A entidade entrou nun período de inactividade que motivou a fundación do Seminario de Estudos Galegos. O terceiro presidente foi Eladio Rodríguez (1926-1934), e durante este período entraron Castelao e Antón Vilar Ponte. Substituíuno Manuel Lugrís Freire, que houbo de dimitir en 1936 por problemas de saúde. Chegou entón a Guerra Civil española, que fixo silenciar a institución e levouna a unha etapa de semiclandestinidade durante a que foi presidida por Manuel Casás Fernández (1942-1960) e Sebastián Martínez Risco y Macías (1960-1977).
Esta etapa viviuse como un tempo de espera. En 1963 presentou a iniciativa do Día das Letras Galegas que, non moi valorada nun primeiro momento, tornouse especialmente dinamizadora co transcurso dos anos. Desde as dependencias municipais do Palacio de María Pita, trasladouse á sede actual da rúa Tabernas na Coruña. No 1972 a RAG estandarizou o deseño actual das Armas ou Escudo do Reino de Galicia. Anos máis tarde, a RAG propuxo á Xunta de Galicia de conservar a memoria da antiga bandeira galega dentro da Bandeira de Galicia moderna. O resultado foi a superposición das armas ou escudo galego sobre a bandeira nacional civil, formando a actual bandeira oficial que debe figurar nos actos oficiais do goberno e institucións galegas.
Durante a presidencia de Domingo García-Sabell (1977-1997), produciuse o acordo co Instituto da Lingua Galega sobre as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego (1982). A Real Academia foi recoñecida como referencia na Lei de normalización lingüística. Creáronse un Seminario de Lexicografía, que elaborou o seu primeiro dicionario monolingüe, e o Seminario de Sociolingüística, que realizou o Mapa Sociolingüístico de Galicia.
Coa presidencia de Francisco Fernández del Riego (1997-2001) abriuse a institución, namentres que coa de Xosé Ramón Barreiro Fernández déuselle un pulo á informatización dos fondos documentais que se foran adquirindo e en 2003 revisáronse as Normas ortográficas e morfolóxicas.
En 2006 foi galardoada co Premio Fernández Latorre.
En maio de 2009, en vésperas do Día das Letras Galegas, a Academia publicou un manifesto en prol da lingua galega, para facer fronte á campaña de desprestixio orquestrada por unha parte dos grupos políticos e unha minoría social con escaso apoio en Galiza mais con medios importantes no Estado español. Neste manifesto reivindicou a necesidade dun uso simétrico do bilingüismo e mais unha presenza digna do galego en ámbitos nos que ten dificultades para se facer un oco, como a Xustiza ou o ensino.
O 16 de xaneiro de 2010 a Academia emitiu un informe negativo das Bases para o decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia coas que o PPdeG pretendía derrogar o decreto aprobado polo anterior goberno (formado polo PSdeGe BNG). O informe aprobouse por unanimidade e aclamación.
Análise académica das Bases para o decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia > AQUÍ
O 16 de xaneiro de 2010 a Academia emitiu un informe negativo das Bases para o decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia coas que o PPdeG pretendía derrogar o decreto aprobado polo anterior goberno (formado polo PSdeGe BNG). O informe aprobouse por unanimidade e aclamación.
Análise académica das Bases para o decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia > AQUÍ
Etiquetas:
Historia,
Historia da lingua,
Letras Galegas,
Patrimonio,
RAG
26 feb 2013
Méndez Ferrín dimite como presidente da RAG
Carta de despedida de Méndez
Ferrín
Á Comisión
executiva e membros numerarios e correspondentes da Real Academia Galega:
Mediante este escrito renuncio á presidencia da Real
Academia Galega e no mesmo acto renunciarei á condición de membro numerario da
institución. Doulles as grazas e un abrazo a todos os membros da Executiva
porque á súa intelixencia, superior cultura e desinteresada entrega son debidas
as obras, éxitos e conquistas que acadou e coñeceu a Academia no período
inconcluso que termina coa redacción da presente carta. De modo especial quero
destacar a dedicación sacrificada e lúcida do Secretario.
Á maioría dos académicos e académicas quérolles significar os meus sentimentos fraternais e o meu agradecemento polo seu labor ilusionado, a súa lealdade institucional e cooperación eficiente.
Non obstante, outros académicos e académicas, unidos a persoas externas, fixéronme sentir que eu non teño sitio na Academia. Beizón tamén a estes e estas porque os seus esforzos, finalmente coroados por un éxito completo, tiveron a virtude de me facer ver a tempo onde debo estar e onde non debo estar nos poucos días que me resten de vida.
Viva e floreza a Academia Galega!
Viva Galicia ceibe!
CONTO
Era Galicia un puro val ou oco
de densidade verde e fume morno.
Era Galicia a chaira máis espida,
inerte néboa sobre illó de lodo.
Era Galicia esguío vento agudo
encrequenando en si tódalas cousas.
Era Galicia un arbre lentamente
ensumíndose un pouco cada hora.
Era Galicia cen avós de terra
sen vengar, mudos ecos que nos moven.
Era Galicia un mar perfectamente
denso, sen luz e con sabor a homes.
Era Galicia a patria do traballo
de nunca terminar, pola boroa.
Era Galicia un home sen cabeza.
Era unha vez Galicia, espranza angosta.
( Méndez Ferrín, na Poesía enteira de Heriberto Bens/1980)
En > Praza pública
En > Sermos
Galiza
En > La
Voz de Galicia
En > Faro
de Vigo
En > LV
(delunsavenres)
En > Galicia Confidencial
Aquí > Dosier: A etapa de Ferrín na RAG (< culturagalega.org)
Aquí > cartaxeometrica.blogspot.com.es (< Demisión de Ferrín. Recompilación)
Aquí > Por que demitiu Méndez Ferrín como presidente da RAG? (< marlou.blogaliza.org)
En > Galicia Confidencial
Aquí > Dosier: A etapa de Ferrín na RAG (< culturagalega.org)
Aquí > cartaxeometrica.blogspot.com.es (< Demisión de Ferrín. Recompilación)
Aquí > Por que demitiu Méndez Ferrín como presidente da RAG? (< marlou.blogaliza.org)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







