Mostrando entradas con la etiqueta ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ESO. Mostrar todas las entradas

18 ene 2013

INTRODUCIÓN XERAL Á LITERATURA GALEGA

                                                  View more presentations or Upload your own.
                        Presentación copiada do excelente Blog de MARLOU en >
               http://marlou-literaturagalega.blogspot.com.es/?zx=651936f12371366b

15 ene 2013

O Complemento Directo e a preposición "a", en galego

Como norma xeral, o complemento directo non leva preposición 'a' en galego. 

Forma correcta: O lobo matou a ovella. 
Forma incorrecta: *O lobo matou á ovella. 

Pero hai casos en que a preposición é necesaria para que o significado da frase quede máis claro. Normalmente, isto ocorre cando o complemento directo ten o trazo de humano. 

Uso obrigatorio da preposición:

 • Cos pronomes persoais tónicos, co pronome de indeterminación un, co pronome todos ou todas referido a persoas, co identificador calquera cando é autónomo e fai referencia ao trazo de humano, na construción un a(o) outro e nas comparacións entre complementos directos:
- Mirouna a ela e marchou. (Distinto de: Mirouna ela e marchou.) 
- Non o queren a un por ser vello. (Distinto de: Non queren un por ser vello.) 
- Vimos a todas camiñando polo campo. 
- Para este posto non van aceptar a calquera. (Distinto de: Para este posto non van aceptar calquera secretaria.) 
- Pasaron a mensaxe uns a outros. (Ou tamén: Pasaron a mensaxe uns aos outros.) 
- Criou tan ben os fillos coma ás fillas.

 • Cos nomes propios de persoas
- Saudou a María na praia / Trouxo a Roi para a casa. 

                  
                FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl from Román Landín
                     
                 Para saber máis de SINTAXE da Lingua Galega >

                  Máis recursos de Román Landín http://cadernodelingua.wordpress.com/


                 
                   
                                                      Sintaxe from begolis

21 sept 2012

Lingua minoritaria vs. lingua minorizada



O galego en Europa / Escenario da lingua galega / Principais linguas faladas en Europa / Linguas oficiais e non oficiais > AQUÍ
Lingua minorizada > AQUÍ
Lingua minoritaria > AQUÍ
Bilingüismo > AQUÍ
Diglosia > AQUÍ
Lusofonía > AQUÍ
Normativa oficial do idioma galego > AQUÍ 
Novas normas ortográficas (2003) da lingua galega
Cronoloxía da evolución da normativa > AQUÍ
Reintegracionismo > AQUÍ
Mapa das linguas no mundo

24 feb 2012

24 de febreiro: Día de Rosalía de Castro. Agasalla un libro en galego… e unha flor



O regalo dun bo libro, ademais de obsequio,
é un delicado eloxio.

 
Se Rosalía de Castro vivise, hoxe cumpriría 175 anos... Blog de MARLOU
Curiosidade: Rosalía ou Gala?


Como chove miudiño,
como miudiño chove;
como chove miudiño
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove.


¡Como a triste branca nube
truba o sol que inquieto aluma,
cal o crube i o descrube,
pasa, torna, volve e sube,
enrisada branca pruma!

Xa, dempois, lonxe espallada
polos aires fuxitivos,
desteñida, sombrisada,
nos espazos desatada,
cae brillando en raios vivos.

Misteriosa regadeira
fino orballo no chan pousa
con feitiña curvadeira,
remollando na ribeira
frol por frol, chousa por chousa.

Semellando leve gasa
que sotil o vento move,
en frotantes ondas pasa
refrescando canto abrasa,
o que o sol ardente crobe.

17 oct 2011

Para estudar DIALECTALISMO


A Nosa Fala: Bloques e Áreas Lingüísticas do Galego (versión interactiva con audio)


http://www.consellodacultura.org/arquivos/asg/anosafala.php

Este audiolibro é unha dialectoloxía oral, con textos de diferentes xeracións de falantes, rexistrados entre mediados dos anos 70 e mediados dos 90 do pasado século. Atendendo a criterios extralingüísticos, procurouse que a temática da escolma fose o máis variada posible, que fose amena para estudantes e ensinantes de lingua galega, mais tamén de posible utilidade para un etnógrafo, un historiador ou un sociólogo interesados pola Galicia anónima, a de onte e a de hoxe.


Os temas tratados son moi diversos co fin de dar unha imaxe real dalgunhas das moitas Galicias existentes. Nos textos fálase da pesca e do marisqueo no Cantábrico, na Costa da Morte ou na ría da Arousa, da pesca no banco canario-sahariano e de como se cultiva o viño en Mondariz e en Amandi ou os tomates no Rosal. Trátase a guerra do 36 na comarca compostelá e a dura posguerra, con historias do contrabando no Baixo Miño ou sobre os portugueses que viñan á seitura á arraiana terra da Mezquita.

Fálase da rapa das bestas de Sabucedo, das muiñadas, das ruadas e doutras diversións da mocidade de antes, do entroido e da mata do porco, do liño e das fiadas, pero tamén da irrupción de novos inventos como o fax, da limpeza das praias e dos incendios forestais. Tamén está presente a "Galicia irredenta" dos vellos galeguistas, con textos do Eo-Navia, O Bierzo e As Portelas.

Todo isto xa aparecía no audiolibro editado polo Consello en 1996, con 15 textos do galego do bloque occidental e 90' de gravación, 19 textos do galego do bloque central nunha casete de 60' e 9 textos do galego bloque oriental en 30'. Agora reedítanse os textos tal cal en papel impreso, pero coa novidade de que o material oral aparece dixitilizado en tres CDs, o que favorece a perdurabilidade das gravacións e a busca dos propios textos.Arquivo Sonoro de Galicia

http://www.consellodacultura.org/arquivos/asg/anosafala.php

17 mar 2011

Escola de escritores/as

IMAXÍNATE QUE ES ...
UNHA...PestanaUnha máis na ringleira de señoriñas escuras, largas e esveltas. Señoriñas que casan coas de abaixo para durmir. Señoriñas que co seu mellor traxe embelecen o ollo máis fermoso, máis tenro, debuxando na face dunha muller fermosa a flor da alma.

Ela, a que cunha bágoa fuxiu, esvarando polo rostro delicado, bailando entre pecas e rozando uns beizos que sentiron o amor en primeira persoa, e que agora escachan por unhas palabras pouco oportunas.
Son a chave que encerra miles de segredos, son a chave do espello da alma onde se reflicten todos os sentimentos.
Vivín de preto moitos bicos e agarimos..., miradas de esperanza, amor, desexo, miradas cheas de fulgor, como bañadas en purpurina. Abrín a porta a bágoas e máis bágoas, de desilusión, de rabia, de esquecemento... Unha máis da fila... unha máis igual que as outras que se xuntan para durmir, para descansar... para sentir a calor dun bico máis intensamente.
Dou bicos de bolboreta, e en busca de desexos voo.
Cando chora, cando chora... Só espero, que nunca chore. Nunca sentir máis a dor apilándonos coa auga salgada das bágoas. Xuntándonos unhas con outras, nun abrazo que consola a súa alma. A alma da moza ferida.
Judith López / 4º ESO - IES As Mercedes (LUGO)

15 mar 2011

Máis Cunqueiro: desta vez porque foi quen de poñer ao mago Merlín a falar en galego (... sen normativa, nin tradutores on-line!)

Álvaro Cunqueiro, Mondoñedo, 1911 -Vigo, 1981

Louvado sexa Deus
porque me permitiu nacer, medrar, facerme home e agora envellecer neste grande reino que chamamos Galicia; neste grande reino do Fisterra que vai desde os montes ata o mar, onde brillan os pés do vento; este país dos dez mil ríos, do vello camiño das peregrinacións, este país dos mil vales, este país fermoso e eternamente verde, Patria querida, a terra no senso barresiano: as patrias son a terra e os mortos.
Grazas a Deus por este Reino.
Louvado sexa Deus tamén por terme dado o don da fala.
Por terme ensinado a dicir "rula" e "abidueira"
e "dorna" e "ponte" e "fonte",e entón eu sabendo estas palabras era verdadeiramente dono da rula e da abidueira e da dorna e da ponte e da fonte.
As miñas invencións, e as miñas maxias teñen embargante
un senso máis fondo: por riba e por baixo do que eu fago,
eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase,
porque a duración da fala é a única posibilidade
de que nós duremos como pobo.

Eu quixen que Galicia continuase, e ó lado da patria terreal,
da patria que son a terra e os mortos,
hai esta outra patria que é a nosa fala.
E se de min algun día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: "aquí xace alguen que coa sua obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis".

http://culturagalega.org/noticia.php?id=19579&soportal=lg3

6 feb 2011

2011: Centenario do nacemento de ÁLVARO CUNQUEIRO (1911-1981)

Eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo. Eu quixen que Galicia continuase e, ao lado da patria terrenal, da patria que son a terra e os mortos, haxa estoutra patria que é a fala nosa. Se de min algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: "aquí xace alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis" (Álvaro Cunqueiro)