Parabéns ao CPI Virxe da Saleta por este vídeo. Marabilla!
"Unha lingua é boa cando sabe a pan, a pan fresco que se mete na boca" (Álvaro Cunqueiro)http://centros.edu.xunta.es/cpivirxedasaleta/
VERSIÓN KARAOKE
LETRA
Gústanos falar idiomas
inglés, francés e castelán,
pero temos lingua propia
ninguén o pode negar.
Amasada amodiño
dende hai moito tempo atrás
cocida a lume lento
lista para o teu padal.
Este é o cole de Cea
onde a lingua sabe a pan,
miña lingua galega
gústanos o teu falar
Nos versos de Rosalía
nos piñeiros de Pondal,
no folk de Fuxan Os Ventos
no rock bravú e máis no rap.
Escóitase pola radio
tamén na TVG,
pero bótase de menos
en moitos outros sitios máis.
Este é o cole de Cea
onde a lingua sabe a pan,
miña lingua galega
gústanos o teu falar. (...)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas polo comentario