29 ene 2012

30 de xaneiro. Día escolar pola PAZ: “A poesía é unha arma cargada de futuro” (Gabriel Celaya)


XOGO RUÍN

Luís Pimentel  (Lugo 1895-1958) Versos do poemario "Sombra do aire na herba"

Aquel neno
pincháballes os ollos
aos paxaros;
e gustáballe ver saír
esa gotiña
de aire e de luz,
ese rocío limpo
de mañanciñas frescas.
..........................................
Logo, botábaos
a voar
e ríase de velos
topar contra o valado
da súa casa,
con un ruido moi triste.
.........................................
Creceu e foi de aquiles.




XOGA POLA PAZ: http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1292832911/contido/exemplos/paz.html

UN VÍDEO POLA PAZ:
Da película "O gran ditador", de Charlie Chaplin >


Versión orixinal, subtitulada en portugués  >  AQUÍ

UN DEBUXO POLA PAZ


A derradeira lección do mestre (CASTELAO)

“Ollo por ollo e o mundo acabará cego”

6 comentarios:

  1. Ola Felipe, son Silvia, xa me deixa facer comentarios, e que tiña unha cousa mal no ordenador. Respecto ao que colgaches, felicidades, está moi ben. O discurso de Chaplin é realmente inspirador! Sintetiza moi ben o que quere expresar, é realmente inspirador! O de Castelao xa o vira outros anos, a verdade e que che fai pensar e ver como un mestre que só quería axudar a que os seus alumnos non foran manipulados de mala maneira é fusilado brutalmente... é vergonzoso, porque si só fora un debuxo de Castelao, pero por desgraza pasou realmente...

    ResponderEliminar
  2. O poema gustoume moito, ata o publiquei no Facebook, pero hai algunhas cousas que non entendo, por exemplo:

    ...e gustáballe ver saír
    esa gotiña
    de aire e de luz,
    ese rocío limpo
    de mañanciñas frescas...

    Que quere dicir con esos versos? O que pensei e que ó mellor o neno tiña unha infancia moi dura e a sua forma de liberar esa pena era facer sufrir a outros seres vivos, pero aínda así gustaríame que mo explicaras.
    E máis adiante cando dice que o neno creceu e foi de aquiles imaxinome que se refire a que se uniu aos franquistas...

    Saudos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas, Silvia, polo comentario. Un Blog sen comentarios é coma un xardín sen flores. Non lle deas moitas voltas a eses versos que dis que non entendes: Pimentel trata de describir de formas poética -con metáforas fermosísimas e moi acaídas- a miserable e ruín diversión do neno, o “suxeito agresor” do poema, definido pola crueldade como atributo. Efectivamente, o último verso é a consecuencia: cando medrou “foi de aqueles”, ou sexa, dos que masacran aos débiles, os verdugos de tantos inocentes, dos que lanzan as bombas, dos asasinos políticos... (Que conste que este poema pode ter moitas outras interpretacións).
      No libro VENTO FERIDO de Carlos Casares, que lestes o ano pasado, hai un relato, dos máis curtos, “O xogo da guerra”, onde o protagonista é “cuspidiño” a este neno do poema. Resiste moi ben unha segunda lectura. Se a fas, dime logo qué che pareceu.
      Unha última cousa: na poesía de Luis Pimentel están moi presentes os nenos, ás veces orfos, puros, inocentes, case sempre descritos cunha enorme sensiblidade. Así e todo, en poucas ocasións atoparemos unha acusación tan directa da maldade humana como no sadismo deste neno.

      Eliminar
    2. Que bonito che quedou iso de que un blog sen comentarios é coma un xardín sen flores. Pero a verdade é que tes razón. Con respecto ao relato de Vento Ferido, Rafael, o neno que narra a historia, é igual que o neno do poema, pero do relato saquei unha conclusión mási clara: Nun momento do relato cando o Rata o ameaza para que lle pegue ao Zalo di algo así como que se non o fai fala de súa nai (da nai de Rafael) polo que supoño que esta sería prostituta ou faría algo que naquela época resultase deshonroso, resumindo, a conclusión que saquei é que estos nenos, de tanto sufrir e de tantos desgustos que lles deron os adultos que tiñan como referencia e como exemplo para vivir, a maneira que atoparon para desafogarse e liberarse é probocar o sufrimento axeo e disfrutar facéndoo, cousa que sen dúbida vén provocada pola crueldade e dureza do mundo dos adultos. Pero de aínd así, esta é a miña opinión e pode ser que esté equivocada pero foi á conclusión que cheguei despois de ler e comparar os dous escritos. De todas formas tampouco me fagas moito caso, porque xa poideches comprobar que eu lle dou moitas voltas a todo. Jeje

      Eliminar
  3. Dende logo os versos de Luís Pimentel fan pensar, gosto da súa maneira de escrir. E que dicir da imaxe de Castelao, para min, el é o mestre, a día de hoxe se me preguntan que libro, que autor me chegou máis fondo, é sin duda Castelao e Cousas, sempre ten un sitio na miñá misiña de noite, é un libro cheo de leccións para a vida desbordante do xenio daquel que loitou pola nosa lingua. Éncheseme o peito de palabras para gabar a Castelao.

    Vexo que fixeches cambios no diseño do blog, está moi ben e moi completo, noraboa.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Judith: si, fíxenlle un traxe novo ao blog. Alégrome que che sexa de utilidade, aínda que teño para min que é unha "chafallada". Procurarei ilo mellorando, pero as miñas habilidades TIC non dan para máis. O importante é que, ao parecer, cumpre cos obxectivos...
      Tamén me alegra que as lecturas do ano pasado vos foran de proveito, como parece.
      Que no túa mesiña de noite estean as "Cousas" de Castelao, non é mala cousa, e que valla a redundancia.
      Grazas polo comentario.

      Eliminar

Grazas polo comentario