7 nov 2012

Certame de Tarxetas do Nadal


1) As tarxetas han ser debuxadas ou feitas a man, e nelas deberán figurar mensaxes referidas a estas datas (Nadal e Aninovo) escritas en lingua galega.
2) Os traballos terán que ser inéditos.
3) Valorarase a orixinalidade das mensaxes e do deseño.
4) O tamaño da tarxeta irá desde 21 x 15 centímetros (metade do DIN A4) ata o formato do DIN A4 (no caso de seren traballos de grupo).
5) Pódense entregar na Conserxaría do Centro ou ao profesorado do Departamento de Galego, escribindo o nome e curso-grupo do autor/a na parte posterior da tarxeta ou cartolina.
6) Todas as tarxetas participantes exporanse nunha mostra á entrada do Centro ou no corredor da planta baixa nos días previos ás vacacións de Nadal.
7) O xurado estará composto polo profesorado de Galego, Debuxo, membros do EDLG e Dirección do IES As Mercedes.
8) Concederanse un primeiro e un segundo premios (agasallo e diploma) para os mellores traballos das seguintes categorías:
- ESO.
- BAC/CICLOS FP.
9) O prazo de presentación das tarxetas remata o día 10 de decembro de 2012,
luns, ás 14,10 horas.
10) O veredicto do xurado será inapelable, podendo deixar algún premio deserto se considera que os traballos non acadan unha calidade mínima aceptable.

* O acto de entrega de premios terá lugar o día e hora que se indique cando se faga público o fallo do xurado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo comentario