NOTICIA
O IES As Mercedes organizou unha festa de Entroido o venres 17 de febreiro, a partir das doce menos cuarto da mañá. Houbo desfile de comparsas, concurso de disfraces,
recital de coplas e degustación de flores, orellas, filloas e postres de Entroido.
Tamén actuou unha banda de gaitas que fixo un ‘pasacorredores'.
CRÓNICA
O pasado venres, 17 de febreiro, toda a comunidade escolar do noso IES desfrutou da festa do Entroido que, promovida pola Dirección, comezou ás 11,45 horas. Unha banda de gaitas creada ao efecto, a iniciativa do departamento de Música, percorreu o Instituto a modo de "chamada" para as actividades lúdicas que tiveron lugar no Salón de Actos. Interpretáronse cantigas de Entroido, houbo bailes, e gran parte do alumnado, profesorado e persoal non docente, en comparsas e convenientemente disfrazados, fixéronnos rir moito a todos. No transcurso da xornada convidouse aos participantes a catar deliciosos produtos típicos de Entroido, parte deles elaborados "en directo" por profesores e persoal do centro, coa colaboración da ANPA. E aínda que hoxe toca enterrar a sardiña, ben podemos facer unha última homenaxe ás filloas que "zampamos" ese día: fariña, leite, ovos e auga; doces ou salgadas; feitas á pedra ou na tixola; para comer soas ou con azucre, mel, crema ou nata;
finas ou gordas, pero todas filloas, "que gordas, que delgadas, comemos enroladas".
REPORTAXE
E despois de agradecer á Dirección, departamentos e comunidade escolar en xeral, a promoción, colaboración e participación nestas actividades, facemos unha narración máis ampla e documentada do suceso (que para iso é unha reportaxe) cunha presentación
de fotos das persoas que interviron no festival, e algunhas das coplas recitadas
(unha de alumnos/as e outra de "profes")
E seguindo co repaso dos xéneros xornalísticos, agora virían os...
ARTIGOS DE OPINIÓN, COMENTARIOS, etc.
(Opinións xa moi subxectivas, cunha visión particular dos feitos. Pois veñan!...)
Recursos sobre o Entroido en >
Son Uxía Freire de 2ºESO B A.E o entroido foi moi bonito e pasamolo moi ben. :)
ResponderEliminarOla son Miguel Pin de 2 ESO B A.E. o entroido estuvo moi ben e sobre todo eses ricos doces que fixeron para o final.Un saúdo.
ResponderEliminar