O códice consiste nun conxunto de textos anteriores de carácter litúrxico, histórico e haxiográfico que pretendía servir como promoción da sé apostólica de Santiago de Compostela, ideado polo arcebispo Xelmírez ou polo seu círculo próximo e redactado por varios autores entre 1130 e 1160 e que se caracteriza pola corrección do latín empregado e cun alto valor literario. Divídese en cinco libros e componse de 225 folios a dobre cara de 295 x 214 mm, cada folio contén, polo xeral, unha única columna de 34 liñas.
O exemplar máis antigo, datado entre 1150 e 1160, consérvase na Catedral de Santiago de Compostela e é copia dun exemplar modelo. A copia que realizou o monxe Arnaldo de Monte en 1173 coñécese como manuscrito de Ripoll e consérvase actualmente en Barcelona.
Parte do manuscrito traduciuse ao galego no primeiro terzo do século XV, coñecido como Miragres de Santiago, recolle partes da Historia Karoli e da Guía do Peregrino. En xaneiro de 2010 anunciouse unha tradución íntegra ao galego por parte de Xosé López Díaz e con ilustracións de Francisco Leiro.
O Códice Calixtino imprimiuse por vez primeira en 1882, nunha edición feita por Fidel Fita. Foi restaurado en 1966 e volvéuselle engadir o Libro IV que estaba fóra do manuscrito dende 1609.

O exemplar máis vello foi roubado da catedral de Santiago de Compostela en xullo de 2011. O martes, día 5 de xullo foi cando os responsables do libro se decataron da súa falta.
Libros:
Libro I
O primeiro libro, Anthologia liturgica, comprende ata o folio 139, é o libro máis longo do códice, de carácter litúrxico. Consiste nunha antoloxía de homilías, cantos litúrxicos, cantos de peregrinos e de sermóns en honra do apóstolo Santiago que se celebraban na catedral de Santiago. O sermón Veneranda dies, o cerne do libro, amosa o sentido e a valoración da peregrinaxe a Santiago.
O manuscrito constitúe por riba de todo un manuscrito musical. A maior parte das pezas son melodías gregorianas. Pero tamén hai unha vintena de pezas polifónicas, as primeiras en ser notadas e contén a primeira notación dunha peza a tres voces: Congaudeant catholici, que aparece asinada por Magister Albertus Parisiensis.
A maior parte dos autores son franceses e de épocas anteriores: Venance Fortunat, bispo de Poiters no século VI, Fulbert de Chartres do século XI.
Libro II
O camiño de Santiago
O segundo libro, De miraculi sancti Jacobi ou Miragres de Santiago, comprende do folio 139 ao 155, é unha compilación de 22 miragres atribuídos a Santiago e que ocorren en diversas partes de Europa, en especial no percorrido do Camiño de Santiago.
Libro III
O terceiro libro, Liber de translatione corporis sancti Jacobi ad Compestellam, comprende os folios 156 ao 162. Relátase a evanxelización do apóstolo Santiago en Hispania e a translación do seu corpo.
Libro IV
O cuarto libro, Historia Karoli Magni et Rothalandi, comprende os folios 163 ao 191. Narra a historia de Carlomagno e de Rolando en Hispania dun xeito épico e fantástico. Coñecido como o Pseudo Turpín, por serlle atribuído ao bispo Turpín de Reims, amosa un Carlomagno descubridor da tumba do apóstolo Santiago e creador dos inicios da peregrinación a Compostela e da súa igrexa.
Foi o libro máis difundido do Códice Calixtino, con máis de 250 copias coñecidas na Idade Media en toda Europa e que serviu de inspiración a varios cantares de xesta feitos en Francia e Italia.
Libro V
O quinto libro, Iter pro peregrinis ad Compostellam, coñecido como Guía do Peregrino de Santiago de Compostela comprende os folios 192 ao 213. Atribuído a Aimery Picaud, autor de Parthenay-le-Vieux (Poitou), escribiuse entre os anos 1135 e 1140. O texto é un conxunto de consellos prácticos para os peregrinos, baseado no propio percorrido do autor, cos lugares onde descansar, calidade das augas, as reliquias a venerar, as xentes e cidades do camiño ou os santuarios a visitar antes de chegar á catedral de Santiago de Compostela.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas polo comentario