2 mar 2013

Composición da actual Real Academia Galega ("Colligit. Expurgat. Innovat")

Vicesecretario
Secretario
Presidente
Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente de la RAG (AEP/Cabalar)
Tesoureiro
Arquiveiro/
Bibliotecario




  • Vacante a cadeira deixada tras o falecemento de Francisco Fernández del Riego. Foi elixido para cubrila Xosé Fernández Ferreiro.
  • Vacante a cadeira deixada tras o falecemento de Francisco Xavier Río Barja. Foi elixido para cubrila Pegerto Saavedra.
  • Vacante a cadeira deixada tras o falecemento de Xaime Illa Couto. Foi elixida para cubrila Fina Casalderrey.

Real Academia Galega é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua. Dende o 23 de xaneiro de 2010 o seu presidente é Xosé Luís Méndez Ferrín, que substitúe a Xosé Ramón Barreiro Fernández.

HISTORIA DA RAG (1906-2013)
O precedente da Real Academia Galega foi a Comisión Xestora para a creación da Academia Galega, promovida por Emilia Pardo Bazán e Ramón Pérez Costales. Montouse sobre a base dunha sociedade, Folklore Gallego, presidida pola escritora.

Curros Enríquez, 
impulsor da RAG.
En 1904 Manuel Murguía publicou un artigo na revista do Gran Hotel de Mondariz no que propugnaba a creación dunha Academia galega. Este artigo espertou interese, e en 1905 constituíuse na Habana a Sociedade Protectora da Academia Gallega, grazas ao impulso de Manuel Curros Enríquez e Xosé Fontenla Leal. En Galiza seguiron esta iniciativa algúns persoeiros que se reunían na Libraría Rexional de Uxío Carré Aldao da Coruña. A Real Academia Galega constituíuse o 30 de setembro de 1906, presidida por Manuel Murguía, e con corenta membros. O acto celebrouse nos locais da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos, case un ano despois da presentación legal dos seus estatutos. Os obxectivos iniciais eran fundamentalmente lingüísticos e incluían a elaboración dun dicionario e unha gramática, proxectos que demoraron moitos anos.














               Manuel Murguía, 
       Primeiro presidente da RAG.
Durante a presidencia de Murguía (1906-1923) elevouse a figura de Rosalía, comezouse a publicar o Boletín de la Academia Gallega (263 números) e a Academia viuse no medio de polémicas e enfrontamentos debido ao seu carácter galeguista. O segundo presidente, Andrés Martínez Salazar, foino só un ano, xa que morreu inesperadamente. A entidade entrou nun período de inactividade que motivou a fundación do Seminario de Estudos Galegos. O terceiro presidente foi Eladio Rodríguez (1926-1934), e durante este período entraron Castelao e Antón Vilar Ponte. Substituíuno Manuel Lugrís Freire, que houbo de dimitir en 1936 por problemas de saúde. Chegou entón a Guerra Civil española, que fixo silenciar a institución e levouna a unha etapa de semiclandestinidade durante a que foi presidida por Manuel Casás Fernández (1942-1960) e Sebastián Martínez Risco y Macías (1960-1977).
Esta etapa viviuse como un tempo de espera. En 1963 presentou a iniciativa do Día das Letras Galegas que, non moi valorada nun primeiro momento, tornouse especialmente   dinamizadora co transcurso dos anos. Desde as dependencias municipais do Palacio de María Pita, trasladouse á sede actual da rúa Tabernas na Coruña. No 1972 a RAG estandarizou o deseño actual das Armas ou Escudo do Reino de Galicia. Anos máis tarde, a RAG propuxo á Xunta de Galicia de conservar a memoria da antiga bandeira galega dentro da Bandeira de Galicia moderna. O resultado foi a superposición das armas ou escudo galego sobre a bandeira nacional civil, formando a actual bandeira oficial que debe figurar nos actos oficiais do goberno e institucións galegas.
Durante a presidencia de Domingo García-Sabell (1977-1997), produciuse o acordo co Instituto da Lingua Galega sobre as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego (1982). A Real Academia foi recoñecida como referencia na Lei de normalización lingüística. Creáronse un Seminario de Lexicografía, que elaborou o seu primeiro dicionario monolingüe, e o Seminario de Sociolingüística, que realizou o Mapa Sociolingüístico de Galicia.
Coa presidencia de Francisco Fernández del Riego (1997-2001) abriuse a institución, namentres que coa de Xosé Ramón Barreiro Fernández déuselle un pulo á informatización dos fondos documentais que se foran adquirindo e en 2003 revisáronse as Normas ortográficas e morfolóxicas.
En 2006 foi galardoada co Premio Fernández Latorre.
En maio de 2009, en vésperas do Día das Letras Galegas, a Academia publicou un manifesto en prol da lingua galega, para facer fronte á campaña de desprestixio orquestrada por unha parte dos grupos políticos e unha minoría social con escaso apoio en Galiza mais con medios importantes no Estado español. Neste manifesto reivindicou a necesidade dun uso simétrico do bilingüismo e mais unha presenza digna do galego en ámbitos nos que ten dificultades para se facer un oco, como a Xustiza ou o ensino. 

O 16 de xaneiro de 2010 a Academia emitiu un informe negativo das Bases para o decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia coas que o PPdeG pretendía derrogar o decreto aprobado polo anterior goberno (formado polo PSdeGe BNG). O informe aprobouse por unanimidade e aclamación.

Análise académica das Bases para o decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia  > AQUÍ


A REAL ACADEMIA GALEGA DURANTE O FRANQUISMO
O golpe militar de 1936 e a Guerra Civil deixou a RAG dividida en dúas. Por unha banda, galeguistas republicanos como Cabanillas e Castelao, e por outra académicos partidarios do réxime. Entraron novos académicos como Filgueira ValverdeCuevillas ou Bouza Brey. A RAG superou o risco de desaparecer e pasou a estar tutelada polo reitor da Universidade de Santiago de Compostela.

O 31 de decembro de 1951 a RAG xuntouse en Vigo en sesión extraordinaria polo nomeamento de Manuel Gómez Román; ao seu discurso ía respostar Ramón Otero Pedrayo. Minutos antes do inicio do acto a autoridade gobernativa prohibiu falar en galego. As palabras improvisadas que se dixeron foron en castelán. O Partido Galeguista fixo chegar dende Galicia ao Congreso da UNESCO reunido en Montevideo un escrito de protesta pola política de represión lingüística do réxime franquista. O texto tivo boa acollida pero foi rexeitado pola delegación española da que formaba parte Fraga Iribarne.

Francisco Franco, o seu irmán, e mais Fraga Iribarne foron académicos non numerarios da Real Academia Galega. 
En 2009, coincidindo co nomeamento de Manolo Rivas, Méndez Ferrín facía pública a retirada das honras a Francisco Franco.

(FONTE > http://gl.wikipedia.org/wiki/Real_Academia_Galega)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo comentario