Na lembranza do grande escritor Carlos Casares, e da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística, (á que tantas voltas se lle está a dar ultimamente), en cuxos debates e redacción participou activamente.
Hoxe, 9 de marzo, con "La" Voz de Galicia, e por só un euro máis (1€), podemos conseguir un libro con 59 dos seus mellores artigos da columna que escribía diariamente no citado xornal (“Á marxe")
Carlos Casares (Ourense, 1941-Vigo, 9 de marzo de 2002) concibía a vida dende unha visión puramente narrativa. É dicir, todo era un conto. Cos seus personaxes, escenarios e desenlaces. Esta habilidade, propia do que antes se chamaba un escritor «de raza», foi a que lle permitiu converter o que ollaba e imaxinaba en literatura e decantar o resultado ata a súa máis pura esencia en libros inesquecibles como 'Vento ferido' ,'Ilustrísima' , 'Os escuros soños de Clío' ou Deus sentado nun sillón azul. Mesmo cando practicou o xénero do ensaio, fixoo dende ese «pensamento narrativo»: o cumio desa concepción fica representado nun País de Palabras, un conxunto de pezas arredor do feito literario que, grazas ao seu impecable estilo, (...)
Seguir lendo a entrada de Aida González, de 1ºB-Bac, no Blog ENDL do colexio Divina Pastora (Ourense)
Ao final dunha conferencia que deu en Lugo, aló polo ano 1999, asinou libros ao alumnado e profesorado do noso IES.
Gardámolos con moito agarimo, ao igual que lle acontece a Marina, do Blog CAMIÑO LONGO, da que saquei a idea para facer esta entrada.
Boa información sobre Casares en:
Revista Artes&Letras Galicia (10 anos sen Casares)
Fala a viúva do escritor: «Carlos atendía máis á cultura galega que ao seu labor literario»
Suso de Toro." Son dez anos, custa lembrar" | Galicia | EL PAÍS
Fundación Carlos Casares
CAMIÑO LONGO: CARLOS CASARES.
O día que coñecín a Ánxel Fole
O último galeguista histórico
CAMIÑO LONGO: NO TREN DE CARLOS CASARES
Carlos Casares merece que o lembremos, que o sigamos lendo, que contribuamos a que o lean os nosos alumnos e que gardemos os seus libros con moito agarimo.
ResponderEliminarGrazas por facer referencia ó meu traballo.