25 mar 2012

Ialma (Just like a galician)

Ialma é un grupo de música, de raíces étnicas galegas, establecido en Bruxelas. Unha das súas intérpretes, Verónica Codesal foi a primeira en levar xunto co grupo Urban Trad unha representación galega ao Festival de Eurovisión,  na súa edición de 2003. Urban Trad, que representou á televisión belga, conseguiu 167 puntos, e quedou na segunda praza por detrás de Turquía. Foi membro activa da Plataforma Nunca Máis en Bruxelas. Os inicios do grupo IALMA foron como grupo de pandereteiras.

Os camiños que levan a Santiago son largos e mesturan ás xentes e paisaxes europeas. Pero para os numerosos galegos que, dende os anos 20, deixaron a súa terra, a peregrinación esperada é aquela que lles fai voltar á cultura, ás súas raíces, a esa identidade que fai que un pobo teña algo que compartir.

¿Cómo chegar a esa cultura cando se está lonxe, cando se xunta coa nostalxia?:

> IALMA - Voltar - YouTube   (Paragoxe: bailar(e)/mau(e)/acordeón(he)/un(he) /...)
En Bruxelas, cinco rapazas galegas, fillas de emigrantes, construiron, pouco a pouco, un repertorio de cancións e de danzas que levan o selo das súas orixes, pero adaptado á necesidade de trasmitir unha nova realidade, a de mulleres comprometidas con varias culturas, varias linguas. Esas cinco rapazas son Ialma.


IALMA ao vivo na presentación do seu álbum Simbiose en Bruxelas
(Plurilingüísmo: minuto 3.08)
Escoitar > Simbiose (2011) | Ialma | Verónica Codesal | Simbiose | música celta | Galicia | worldmusic
 (Boa ocasión para repasar o fenómeno fonético > Epéntese (i)alma / (i)auga)

Colin ten unha pita que pon cada mañá
Colin ten unha pita que pon cada mañá
ela que fixo a posta no palleiro do Adrán.

Adrán colleu o engazo, deulle un moquetón
Adrán colleu o engazo, deulle un moquetón
e cociñou o guiso pra festa do patrón.

Na (i)auga, tamén no río e do mar na ribeira
auga, tamén no río, liña da volanteira.


Todos os da parroquia foron molla-lo pan
Todos os da parroquia foron molla-lo pan
tamén o señor cura, el(e) meteu a man.

Na (i)auga, tamén no río e do mar na ribeira
auga, tamén no río, liña da volanteira.
Auga, tamén no río e do mar na ribeira
auga, tamén no río, liña da volanteira.


 O mollo estaba tan rico, todo el(e) se pringou
O mollo estaba tan rico, todo el(e) se pringou
dedos, peito e bandullo, ren de limpo lle quedou.

Na (i)auga, tamén no río e do mar na ribeira
auga, tamén no río, liña da volanteira.
Auga, tamén no río e do mar na ribeira
auga, tamén no río, liña da volanteira.


 Fixo perder a misa a todos os parroquiáns
Fixo perder a misa a todos os parroquiáns
A todas as velliñas, tamén ós lacazáns.

Na (i)auga, tamén no río e do mar na ribeira
auga, tamén no río, liña da volanteira.
Auga, tamén no río e do mar na ribeira
auga, tamén no río, liña da volanteira.


 A toutes ces bonnes p’tites vieilles qui en ont tant de besoin
A toutes ces bonnes p’tites vieilles qui en ont tant de besoin
Ainsi finit l’histoire de la poule à Colin

Sur l’eau, sur la rivière, sur le bord de la mer
Sur l’eau, sur la rivière, sur le bord du vaisseau.

(.../...)

6 comentarios:

  1. Ola Felipe! Teño que dicirche que me gusta moito esta nova entreda, e por varios motivos. Primeiro porque o galego é unha lingua que sobreviviu aos séculos escuros e a outros períodos de igual represión grazas a que quedou moi arraigada ao pobo, xente que non tiña moita cultura, pero que cando por exemplo se xuntaban nas festas e romarías podían facer creacións tan interesantes coma estas, aínda que non foran dunha complexidade como por exemplo as de Rosalía de Castro, polo que estas composicións son tamén moi importantes xa que amosan o que foi Galicia durante moitos anos. En segundo lugar porque a música galega é algo máis que un tipo de música folk, é algo que en canto te introduces un pouco nese mundo lévate pouco a pouco con el e convírtese nun sentimento inseparable que está contigo as 24h do día... Como explicalo? ... Algo así como o "duende" que dicía Lorca. Eu levo dende os seis anos tocando en asociacións culturais que promoven a música tradicional galega, e estou totalmente segura dunha cousa, se queremos que o pobo galego adquira ao 100% a súa identidade como nación unha boa forma de facelo é promover canto poidamos a música galega, porque coñezo moitos galegos que o mellor reneguan da lingua galega por culpa de toda esa política que se está a meter nela, aínda que esta sexa a súa lingua nai, pero non coñezo ningún que ao escoitar unha gaita non se emocione. Por outra banda, hoxe en día a presenza da música tradicional galega nas escolas é escandalosamente baixa, por non dicir inexistente, xa só quedan algúns fósiles bestixais nas clases de música. Polo que te felicito por esta idea e anímote a promover este aspecto do noso gran acervo cultural que nos identifica como pobo tanto como a nosa propia lingua.

    PD: Aquí che deixo o nome de outros grupos de música galega que podes escoitar, non son grupos de fora como Ialma, pero tamén son moi bos. Para facelo aconsélloche que descargues de internet o programa Spotify, é un programa gratuito a través do cal podes calquera tipo de canción que busques.
    Grupos: Sondeseu, Fía na roca, Treixadura, Pepe Vaamonde Grupo, Leilía, Budiño, Fuxan os ventos, A Roda, Quempallou, Faltriqueira, Liaceira (Hai unha canción moi boa deste grupo en Youtube), Uxía, Luar na Lubre... E moitos máis.

    Saudos Felipe.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas polo comentario.
      E outra cousa: mentres haxa xente nova que pense e razoe coma ti, a nosa lingua e o noso patrimonio cultural non correrá perigo... Porque un pobo que despreza o seu idioma e a súa cultura, o lóxico é que sexa un pobo desprezado; pero isto non sucederá: "unha viaxe de mil quilómetros comeza cun paso...", e ogallá, entre tod@s, cumpramos o desexo de Cunqueiro das “mil primaveras máis para a lingua galega”.

      Eliminar
  2. - What language is this????

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. - It's galician, the language from GALICIA, a small and beautiful (lovely?) country in Spain...OK?
      (E perdón polo meu inglés)

      Eliminar
  3. Waw! Felipe. O teu blog transpasa fronteiras! jejeje.

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar

Grazas polo comentario