O pasado 25 de febreiro de 2012 tivo lugar o acto de ingreso de Henrique Monteagudo como académico numerario da Real Academia Galega, no que leu o discurso
Facer país co idioma. Sentido da normalización lingüística.
Discurso completo en .pdf, a través do web do CDSG, premendo AQUÍ
discurso_rag_henrique_monteagudo.pdf
discurso_rag_henrique_monteagudo.pdf
No discurso que Henrique Monteagudo elaborou para o seu acto de incorporación á RAG argumentou con rigor que a normalización lingüística do galego non só non é incompatíbel coa liberdade lingüística dos falantes, senón que é condición imprescindíbel para o pleno exercicio desta. En xeral, a idea que estivo latente ao longo de todo o discurso foi a de que a actual crise do proceso (e tamén do concepto) de normalización lingüística está directamente relacionada coa crise do autogoberno, que é realmente o que hoxe está en cuestión. (Ctnl)
Estiven lendo , e creo que estiveches moi acertado facendo esta entrada , eu tamen opino que deberíamos falar galego ,pois somos de Galicia , e o galego e a nosa lingua .
ResponderEliminar