Moi boas a tod@s! Desde esta nova plataforma da web 2.0 imos loitar pola defensa da lingua e da cultura de Galicia
14 may 2011
CORRELINGUA 2011 de LUGO: Déronnos o 1º premio do concurso de pancartas. Aí van algunhas fotos da actividade...
Grazas a tod@s
En especial ao alumnado do Ciclo de Comercio e de PDC-4º ESO, que elaboraron as pancartas, e ao profesorado que colaborou nesta festa a prol da nosa lingua.
En especial ao alumnado do Ciclo de Comercio e de PDC-4º ESO, que elaboraron as pancartas, e ao profesorado que colaborou nesta festa a prol da nosa lingua.
11 may 2011
Alumnado do IES As Mercedes no Correlingua 2011 en Lugo. Foto de familia ao remate da actividade.
Etiquetas:
Actividades ENDL,
Correlingua,
Fotos,
Letras Galegas 2011,
Novas
Correlingua-2011
Castro, Carmen, Gwyn (auxiliar de conversa de Inglés no noso IES, que veu de Pensilvania (USA) para practicar castelán e voltará para o seu país falando, ademais, galego...) e Pilar Andión, con alumnas do Ciclo de Comercio e unha das moitas pancartas que levaron ao Correlingua.
Etiquetas:
Actividades ENDL,
Correlingua,
Fotos,
Letras Galegas 2011,
Novas
10 abr 2011
7 abr 2011
5 abr 2011
Dialectoloxía. As variedades xeográficas ou diatópicas do galego. Bloques dialectais. (Repaso 2º BAC)
1.-Cartografía lingüística do galego en > http://www.iberolingua.com/atles/ATLES_GALLEC es.htm
2.-Presentación no blogue do ENDL do IES de Viós >
http://endlvios.blogspot.com.es/2011/03/dialectoloxia.html
Para saber máis, ver a entrada deste mesmo blog >
http://endlasmercedes.blogspot.com.es/search/label/Dialectalismo
3.- Características dos bloques e áreas lingüísticas en >
http://personales.jet.es/a-rede/lingua/dialecto/dial.html
(*) Interesantes presentacións con vídeo sobre o galego no Val de Ellas (Estremadura), en >
http://endlvios.blogspot.com/2011/03/galego-no-val-de-ellas.html
Tamén en > http://aprofa.blogspot.com.es/2013/12/o-valego.html

BAC,
Dialectalismo,
ESO,
Lingua galega,
Selectividade
17 mar 2011
Escola de escritores/as
IMAXÍNATE QUE ES ...
UNHA...PestanaUnha máis na ringleira de señoriñas escuras, largas e esveltas. Señoriñas que casan coas de abaixo para durmir. Señoriñas que co seu mellor traxe embelecen o ollo máis fermoso, máis tenro, debuxando na face dunha muller fermosa a flor da alma.
Ela, a que cunha bágoa fuxiu, esvarando polo rostro delicado, bailando entre pecas e rozando uns beizos que sentiron o amor en primeira persoa, e que agora escachan por unhas palabras pouco oportunas.

Son a chave que encerra miles de segredos, son a chave do espello da alma onde se reflicten todos os sentimentos.
Vivín de preto moitos bicos e agarimos..., miradas de esperanza, amor, desexo, miradas cheas de fulgor, como bañadas en purpurina. Abrín a porta a bágoas e máis bágoas, de desilusión, de rabia, de esquecemento... Unha máis da fila... unha máis igual que as outras que se xuntan para durmir, para descansar... para sentir a calor dun bico máis intensamente.

Dou bicos de bolboreta, e en busca de desexos voo.
Cando chora, cando chora... Só espero, que nunca chore. Nunca sentir máis a dor apilándonos coa auga salgada das bágoas. Xuntándonos unhas con outras, nun abrazo que consola a súa alma. A alma da moza ferida.
Judith López / 4º ESO - IES As Mercedes (LUGO)
Judith López / 4º ESO - IES As Mercedes (LUGO)
15 mar 2011
Máis Cunqueiro: desta vez porque foi quen de poñer ao mago Merlín a falar en galego (... sen normativa, nin tradutores on-line!)
Álvaro Cunqueiro, Mondoñedo, 1911 -Vigo, 1981Louvado sexa Deus
porque me permitiu nacer, medrar, facerme home e agora envellecer neste grande reino que chamamos Galicia; neste grande reino do Fisterra que vai desde os montes ata o mar, onde brillan os pés do vento; este país dos dez mil ríos, do vello camiño das peregrinacións, este país dos mil vales, este país fermoso e eternamente verde, Patria querida, a terra no senso barresiano: as patrias son a terra e os mortos.
Grazas a Deus por este Reino.
Louvado sexa Deus tamén por terme dado o don da fala.
Por terme ensinado a dicir "rula" e "abidueira" e "dorna" e "ponte" e "fonte",e entón eu sabendo estas palabras era verdadeiramente dono da rula e da abidueira e da dorna e da ponte e da fonte.
As miñas invencións, e as miñas maxias teñen embargante
un senso máis fondo: por riba e por baixo do que eu fago,
eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase,
porque a duración da fala é a única posibilidade
de que nós duremos como pobo.
Eu quixen que Galicia continuase, e ó lado da patria terreal,
da patria que son a terra e os mortos,
hai esta outra patria que é a nosa fala.
E se de min algun día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: "aquí xace alguen que coa sua obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis".
http://culturagalega.org/noticia.php?id=19579&soportal=lg3
Etiquetas:
BAC,
Ciclos FP,
ESO,
Fotos,
Letras Galegas,
Selectividade
13 mar 2011
Xa que estamos no ENTROIDO, imos botar unhas risadas ó lor do PLAN PATACAR. Esta secuencia da película "Der Untergang" dá para moitas parodias...
"ANIMUS IOCANDI"
6 mar 2011
Esta noticia vén tirada do ABC, edición Galicia, do 3 de marzo de 2011. Alguén dá máis?...
Tendo en conta que estas concesións de licenzas de FM son para favorecer "la difusión de la lengua gallega", dámoslle-las máis efusivas grazas a quen correponda, xa que agora sabemos que "Desfiladero" en galego é FOZ, "Mordisco" debe ser TRABADA, "Roble" - este é doado- será CARBALLO, "Carretera" -un clásico- A ESTRADA..., pero Cuevas del Rey? Onde estará Cuevas del Rey? Moito nos queda por aprender...
Évos unha boa verdade: os tradutores automáticos poden facer estragos en mans incompetentes...
15 feb 2011
Toda unha lección de sociolingüística dunha "gran hermana" (de Lugo...?). Pregamos que o vexades enteiro e deixedes comentarios...
GH convertido en recurso didáctico de primeira orde!... Quen nolo ía dicir!...
Aí tedes unha interesante ligazón con suxestións para comentario, análise e actividades sobre "As funcións sociais da lingua. Conflito e diglosia. Estereotipos e prexuízos lingüísticos e a súa repercusión nos usos": http://aprofa.blogspot.com/2011/02/hablaba-en-gallego-que-bajon.html#links
Tamén VIDEOMONTAXE: http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=UNgJ9xiLQ4Y MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO opina sobre o tema: "Sobre ignorancia e pailanismo", en >
http://www.galiciahoxe.com/opinion/gh/ignorancia-pailanismo/idEdicion-2011-02-17/idNoticia-640809/
Etiquetas:
Humor,
Novas,
Re varia,
Sociolingüística,
Videos
8 feb 2011
6 feb 2011
2011: Centenario do nacemento de ÁLVARO CUNQUEIRO (1911-1981)
“Eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo. Eu quixen que Galicia continuase e, ao lado da patria terrenal, da patria que son a terra e os mortos, haxa estoutra patria que é a fala nosa. Se de min algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: "aquí xace alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis" (Álvaro Cunqueiro)
Etiquetas:
BAC,
Ciclos FP,
ESO,
Letras Galegas,
Videos
5 feb 2011
O mínimo que hai que saber para non face-lo parvo cando se fale da lírica trobadoresca galego-portuguesa medieval (3º ESO-1º BAC)
View more presentations from Manuel Antón Mosteiro García
Repaso de lingua galega para preparar SELECTIVIDADE-2011. Criterios de corrección e exames PAU 2010 (2º BAC)
4 feb 2011
Repaso dos temas de Sociolingüística e Literatura galega para preparar a Selectividade-2011 (2º BAC).
Open publication - Free publishing
3 feb 2011
As funcións sociais da lingua. Conflito e diglosia. Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos. (SELECTIVIDADE- Tema 1 )
View more presentations from first last.
Etiquetas:
BAC,
Ciclos FP,
ESO,
Selectividade,
Sociolingüística
13 ene 2011
Letras Galegas 2011: LOIS PEREIRO
Enlaces moi interesantes:
http://www.xornal.com/seccion/suplementos/contexto
http://gl.wikipedia.org/wiki/Lois_Pereiro
http://www.coordinadoraendl.org/letras2011/index.php
http://loispereiro.blogaliza.org/tag/web-de-lois-pereiro/ http://www.vieiros.com/nova/74063/todo-o-que-desprezamos-na-literatura-galega- http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=LoiPerei&alias=&solapa=obras http://elprogreso.galiciae.com/nova/56847.html
http://avozdevilalba.blogspot.com/2010/07/quitade-as-vosas-sucias-mans-de-lois.html
http://lecturoliteraturo.blogspot.com/2011/04/recursos-sobre-lois-pereiro.html

Parodia dunha secuencia da película "Der Untergang" para, "animus iocandi", botar unha risada...
Etiquetas:
Animus iocandi,
Humor,
Risoterapia,
Sociolingüística,
Videos
22 dic 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)